Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

En Valga : o terceiro obradoiro de ‘O Museo en Camiño’

Este venres 30 de abril terá lugar en Valga o terceiro obradoiro de ‘O Museo en Camiño’, un programa didáctico polo que o Museo de Pontevedra se convirte en itinerante ara facer chegar a nenos e nenas de dez poboacións da ruta portuguesa a Santiago os seus fondos e tamén o espírito do Xacobeo.

Esta actividade desenvolverase no Parque Irmáns Dios Mosquera de 17 a 19 h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.

Este obradoiro de carácter plástico e creativo terá as prazas limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias actuais, polo que se estás interesado/a en que os teus cativos participen inscríbete xa de balde en contacto@tallerabierto.info
A inscrición debe formalizarse por medio do correo electrónico ata completar aforo dándolle prioridade á cativada da localidade de destino.

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra ‘Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane.

Todas as pezas foron escollidas polos colectivos creadores do programa, taller abierto e Paspallás, por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Ademais, está programada unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement