Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) O BNG demandará no Pleno o reforzo da Atención Primaria e a normalización da asistencia presencial

Denuncian que a falla de medios humanos e materiais compromete a capacidade e calidade asistencia da sanidade pública na área de Vigo.

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que haxa viguesas e vigueses que cando solicitan cita co seu médico ou médica, só teñan opción de telefónica e lla dean para doce ou trece días despois”


O Bloque Nacionalista Galego demandará a través dunha moción no vindeiro Pleno do Concello de Vigo, que se celebrará este mércores, a “plena recuperación do sistema sanitario público”. A iniciativa demanda o reforzo urxente da Atención Primaria con máis persoal, a normalización da atención presencial nos centros de saúde ou a axilización do procesos de vacinación.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa sinalou que a rede sanitaria na área de Vigo xa presentaba “importantes dificultades” con anterioridade ao inicio da pandemia do coronavirus, que se viron agravadas por esta e tamén pola “nefasta xestión” realizada pola Xunta de Galiza.

Igrexas lembrou que foron as “deliberadas políticas do PP de recorte e privatización” as que converteron a área de Vigo na “zona cero da desfeita sanitaria”, exemplificando "o modelo privatizado e recortado do hospital Álvaro Cunqueiro, a negativa a incorporar na rede pública a Povisa, o desmantelamento parcial do Meixoeiro ou a dilación e recorte á metade do novo centro de saúde da vila de Bouzas".

Unha situación "especialmente grave" no que atinxe á Atención Primaria que vive, segundo apuntou o portavoz municipal nacionalista, un “momento límite e de evidente sobrecarga”. Neste sentido, denunciou que a xeneralización da atención telefónica ten provocado importantes listas de agarda e limita a calidade asistencial. “É inaceptábel que haxa viguesas e vigueses que cando solicitan cita co seu médico ou médica, só teñan opción de telefónica e lla dean para doce ou trece días despois”, exemplificou. Aliás, alertan de que para alén do malestar que produce entre veciñanza e persoal sanitario, esta situación “é un estímulo para que se acuda á sanidade privada, incrementando as desigualdades no acceso á atención sanitaria”.

No cerne do problema o Bloque sinala a “falla de medios humanos e materiais”, que “compromete a capacidade de atención e a calidade asistencia na sanidade pública na cidade e área de Vigo”. “Diante da entrega e o compromiso demostrada polo persoal sanitario a resposta non foi aumentar os medios senón reducilos e insistir na precariedade”, reprochan. Unha cuestión que, para o Bloque, fica patente no feito de que a proposta do Sergas a persoal MIR e EIR sexan “contratos ultraprecarios de quince días”.

Desde o BNG critican tamén con dureza a reforma da Lei galega da saúde “imposta polo PP sen ningún tipo de diálogo” e que en lugar de robustecer a capacidade da sanidade pública galega, apostou por recortar dereitos fundamentais cun réxime de sancións “represivas e desproporcionadas”. “É irracional que a Xunta do PP crea que a saúde fronte o virus se defende con multas e non con máis médicos, con máis enfermeiras ou con máis terapeutas”, sentenza Igrexas.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement