Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Rueda di que no reparto “arbitrario” do Goberno central quitan a Galicia 100 millóns das axudas a autónomos

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, critica que o reparto feito polo Goberno central dos fondos das axudas a empresas e autónomos “é inxusto e decepcionante” con Galicia, “que vai recibir menos cartos dos que lle corresponde cun reparto arbitrario e subxectivo”. Deste xeito, Galicia recibirá 234,4 millóns de euros fronte aos 340 millóns que lle corresponderían si se tivese en conta o número de autónomos e de empresas da comunidade.
Foi durante o comité de dirección provincial, celebrado onte pola noite, no que o popular dixo tamén que os requisitos fixados para conceder estas axudas a autónomos e microempresas son incomprensibles, cunha xestión moi complexa. “Estamos a cegas para xestionar estes apoios e non entendemos algúns dos requisitos establecidos, xa que, por exemplo, un autónomo por módulos con máis dun empregado pode percibir o mesmo que un traballador individual por conta propia”, explicou.

Ademais, lamentou que o plan se aprobase sen ter en conta ás comunidades autónomas, que son as que teñen que xestionar os cartos. “Non se entende esta falta de diálogo nin que non atendera ningunha das reclamacións feitas en relación ao reparto”, engadiu. Con todo, destacou que a Xunta intentará tramitar coa máxima celeridade o terceiro Plan de rescate cos cartos do Estado.

Por último, informou diante do comité de dirección que o Goberno galego abriu o prazo para que os concellos se sumen á plataforma da Xunta de reparto de axudas á hostalería, co obxectivo de dar resposta así ás reclamacións dos propios afectados que reclamaban unha xanela única para tramitar as axudas e garantir maior axilidade e eliminar burocracia.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement