Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fronteras) Uxío reclama a Rueda dinero de los fondos europeos para compensar a los raianos

-Uxío Benítez afirma que o goberno galego ten capacidade de xestión para asignar partidas “concretas e específicas” ás zonas que sufriron o ‘efecto fronteira’ sumado ao da COVID

O AECT MIÑO REIVINDICA ANTE A XUNTA E A CCDR-N QUE OS TERRITORIOS DO MIÑO AFECTADOS POLO PECHE DA FRONTEIRA TEÑAN PRIORIDADE PARA RECIBIR FONDOS EUROPEOS DO ‘POCTEP’ E DO ‘NEXT GENERATION’

Insiste en que os fondos deben destinarse a proxectos en concellos transfronteirizos e non aos que nin lindan coa raia

O AECT Rio Miño reclamou hoxe á Xunta de Galicia e Á CCDR-N de Portugal que os concellos do territorio do Miño afectados polo peche da fronteira con Portugal “teñan prioridade” á hora de recibir fondos europeos. O agrupamento insiste en que o prexuízo económico que está a sufrir a zona debe terse en conta na distribución dos fondos que agora se están a xestionar: os do ‘Next Generation’ e os do próximo cadro comunitario, do programa POCTEP 2021-2027, no que tanto Xunta como CCDR-N teñen capacidade de xestión.

O AECT Rio Miño fixo esta reclamación hoxe nun foro convocado polo goberno galego e a Comisión de Coordinação e Desenvolvemento da Region Norte de Portugal (CCDR-N) –o seu equivalente luso- na que participaron os tres agrupamentos europeos de cooperación territorial (AECT) existentes en Galicia, o AECT Galiza-Norte de Portugal que xestionan as dúas entidades (Xunta e CCDR-N), e os propios da fronteira, o AECT Verín Chaves e AECT Rio Miño. No encontro estiveron presentes tanto os directivos dos AECT como o vicepresidente Alfonso Rueda e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE Jesús Gamallo cunha única temática na mesa: o actual peche de fronteiras e o horizonte dos fondos europeos. 

O vicepresidente do AECT Rio Miño e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, fixo fincapé unha vez máis na idea de que os concellos da fronteira teñen que ser compensados polo impacto económico ‘extra’ que está a supoñer o peche dos pasos sobre sumado ao que acumulan empresas, traballadorxs e autónomxs pola COVID . Lembrou que no estudo elaborado pola Universidade de Vigo e dirixido polo profesor Xavier Cobas apúntase que hai un ‘efecto fronteira’ que se estima no 12% no comercio e no 19% na hostelería a maiores do xa creado pola pandemia noutros territorios. “Ese ‘efecto fronteira’ foi creado por decisións políticas, e agora que hai uns fondos económicos europeos, ten que terse en conta para que eses territorios que sufriron doblemente teñan partidas específicas para poder revitalizar e recuperar a súa economía”, afirmou Benítez, engadindo que esa é unha petición que o AECT levará a diferentes foros e que se presentou ante a Xunta porque está en debate como vai ser a xestión do POCTEP 2021-2027 do cal a Xunta e a CCDN-R teñen capacidade de xestión.

O matiz importante, subliñou Benítez, é que os esforzos económicos “se centren aínda máis no territorio de fronteira” e non en territorios tan extensos como os que veñen sendo habituais para eses programas, que actualmente chegan a toda Galicia e a case todo Portugal menos Lisboa. “Eses fondos teñen que usarse para compensar os territorios que sufriron o prexuizo económico de non poder relacionarse cos do lado por haber unha fronteira. Sempre houbo un prexuízo económico histórico, por iso naceron os fondos transfronteirizos: foron creados para os territorios que durante centos de anos tiveron unha fronteira que impediu a relación e desenvolverse económicamente como se non fosen da ‘raia’. Durante moitos anos eses fondos empregáronse para moitos proxectos que non tiñan que ver coa fronteira, pero creemos que esta volta ao peche de fronteiras pola COVID debe facer volver á orixe, á concepción deses fondos: a atender prioritariamente a fronteira”, insistiu o deputado.

Benítez expuxo na reunión outras iniciativas que está a desenvolver o AECT Rio Miño pola problemática do peche da fronteira con Portugal. A última é a creación dun rexistro de persoas afectadas para reclamar posibles indemnizacións polos rodeos derivados de que haxa só un paso 24 horas aberto na fronteira, o gasto de tempo extra, o gasto en combustible, a perda de clientes ou a imposibilidade de cruzar no control.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement