Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Clúster TIC Galicia asina acordos con Inversa, Solred e PuntoGal

Os socios poderán optar a liñas de financiamento vantaxosas e obterán importantes descontos nos prezos dos combustibles e dos dominios

Dentro da súa política de chegar a acordos que redunden en beneficios para os seus asociados, o Clúster TIC Galicia vén de asinar convenios con Solred, PuntoGal e Inversa Invoice Market.

Por unha banda, a entidade firmou un concerto con Inversa Invoice Market para ofrecer liñas de financiamento ás empresas socias coas que dar resposta ás súas necesidades de liquidez a curto prazo e cunhas condicións vantaxosas a través de crowdfactoring.

Por outra banda, o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e o representante de Solred en Galicia, José María Suárez-Vence, asinaron un acordo polo que todos os membros da entidade terán acceso a importantes descontos nos prezos do gasóleo, gasolina e gas.

Este convenio, ademais, ten a particularidade de que se fai extensible tanto aos socios que se dean de alta por primeira vez na tarxeta como aos que xa a teñan. As tarxetas Solred pódense usar en todas as estacións de servizo do Grupo Repsol, é dicir, nas das marcas Repsol, Campsa e Petronor.

Así mesmo, PuntoGal, que promove a utilización deste dominio, vén tamén de asinar un acordo co Clúster, polo que todos os asociados poderán obter un dominio .gal por un máximo de 13 euros máis IVE. Os rexistros faranse coas empresas Dinahosting e Entorno digital. O único limite desta promoción é que só se poderá facer ata un máximo de 500 dominios.

Na web do Clúster TIC pódese acceder á ficha de cada un dos convenios.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement