Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Lío gordo Oposición-Gobierno, en Poio, con el Plan General de fondo...

 A concelleira do PP de Poio, Rocío Cochón, pediu este martes ao Tripartito que goberna en Poio que rescaten o novo PXOM das “reunións en trasteiros” e poñan o documento a disposición dos veciños “dunha vez”.

Cochón lamentou que a modificación do PXOM leva 12 anos sen saír adiante e o goberno local xa gastou máis de 400.000 euros nun documento “que aínda non pasou por ningunha comisión de urbanismo, nin un pleno, nin sequera unha reunión de traballo” e que do novo planeamento “non se amosou un só papel aos grupos políticos, nin se deu nin a máis mínima información aos veciños”

“En resumo, BNG, PSOE e Avante levan pagado case medio millón de euros co diñeiro dos veciños en 12 anos por un documento para telo metido nun caixón ...”, criticou Cochón.

A popular lamentou as oportunidades perdidas pola falta de adaptación do PXOM, con “postos de traballo perdidos, empresas que marcharon a outros concellos, vivendas, subvencións, equipamentos perdidos pola incapacidade do Concello de sacar adiante o PXOM comprometido, e unha xestión urbanística penosa”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement