Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo de Pontevedra) Los cuadros del expolio nazi suscitan gran interés

A exposición temporal cos cadros da ‘dolorosa’ e o ‘cristo’ identificados como orixinarios do espolio nazi recibiron 773 visitas no Museo de Pontevedra dende a súa posta a disposición do público o pasado 25 de febrero, hai apenas tres semanas. 

As pezas están instaladas na sala 1 do primeiro andar do Edificio Castelao. Xunto a elas hai unha breve reseña explicativa e un código QR que amplía a información da súa historia e trazabilidade. Estarán a disposición do público ata o momento da súa restitución aos seus lexítimos propietarios, aínda sen determinar, xa que se debe aclarar por parte do Ministerio como proceder co goberno polaco e coa familia reclamante.

Unha vez máis o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera animou á cidadanía a aproveitar a oportunidade para contemplar as dúas creacións e afondar na súa orixe e características, que están suscitando curiosidade entre as persoas que visitan o Museo e que preguntan elas de forma habitual.

Estas pezas foran inicialmente atribuídas a Dieric Bouts mais, a raíz dun informe da directora do Instituto Moll Ana Diéguez por encarga do Museo, sábese que non teñen esta autoría e que case con total seguridade pertenzan a algún membro do taller do seu fillo Albert Bouts. Isto dátaas nun periodo máis tardío do século XVI, algo que encaixa tamén coa cronoloxía e o tipo de marco tan significativo con casetóns e textos sostidos por ánxeles que presentan.

A identificación da ‘dolorosa’ e o ‘ecce homo’ como bens espoliados xurdiu durante o confinamento pola pandemia cando Mariusz Wiśniewski, do Departamento de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, contactou co Museo de Pontevedra para interesarse polo díptico. Segundo a documentación que aportaba, as dúas pezas pertencían á Colección da Princesa Czartoryski en Gołuchów que fora roubada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Ambas pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, reapareceron no comercio de arte de Madrid en 1973 e previamente en Barcelona no 1971.

Segundo confirmou hoxe o vicepresidente Mosquera, cos datos achegados polo director da institución, o Museo está a recuperar a afluencia de público logo do peche obrigado pola pandemia.

Tanto o interese dos cadros polacos espoliados como a exposición de fotografía de José Suárez están a servir de atracción para o público, que repunta, incluso participando nos obradoiros e actividades programadas.

Está prevista durante a Semana Santa unha actividade para a infancia complementaria á mostra fotográfica na que se habilitarán catro quendas de catro nenas e nenos para a que é precisa inscrición previa e manter as limitacións necesarias pola COVID.

(Foto de Rafa Estévez / Depo)


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement