En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

Mascarón de proa_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

El Bloque quiere una ley de cambio climático que eche a ENCE pero proteja "las actividades sustentables del complejo mar-industria"

O BNG insta desde Vigo ao resto de forzas políticas a impedir que a nova lei de cambio climático desertice as actividades sustentábeis do co...

O BNG insta desde Vigo ao resto de forzas políticas a impedir que a nova lei de cambio climático desertice as actividades sustentábeis do complexo mar-industria

A fronte nacionalista presentou unha emenda transaccional para diferenciar as actividades ambientalmente sustentábeis do complexo mar-industria de outros usos “nocivos e contaminantes” que -asegura- non poden continuar no litoral.


O Bloque Nacionalista Galego demandou esta mañá desde Vigo que o resto de forzas políticas apoien a emenda transaccional formulada por Néstor Rego para que no artigo 18 da nova lei de cambio climático se exclúan as actividades sustentábeis do complexo mar-industria para protexer o emprego.

En rolda de prensa, a fronte nacionalista criticou "a campaña de intoxicación do Partido Popular emprendida nas últimas semanas contra a posición do BNG". Neste sentido, o portavoz municipal do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas cualificou de “mentiras e falsidades” as afirmacións dos populares coas que pretenderon “terxiversar de maneira ridícula” a postura do Bloque.

Igrexas aludiu de maneira directa ao deputado do PP de Vigo, Diego Gago, a quen acusou de “falsear publicamente a posición do BNG” en relación á tramitación do proxecto de lei de cambio climático. “Gago atreveuse a atribuírlle ao BNG unha posición diferente da que sostén. Pero o BNG fala só por boca dos seus portavoces do BNG, non por deputados de Más País e moito menos do Partido Popular”, explicou en relación ao intento de atribuírlle á formación nacionalista o voto emitido nunha comisión por un representante de Más País co que o Bloque comparte un grupo parlamentar no Congreso de carácter técnico, pero non político.
“Se cadra, o señor Gago o que pretende con esta campaña é desculpar ou atenuar a súa notábel ausencia na acción política en defensa dos intereses de Vigo na súa labor parlamentaria, como deixa en evidencia a falla de iniciativas políticas no Congreso en relación a Vigo”, ironizou o edil nacionalista.
Desde o Bloque cargan tamén contra o cinismo do Partido Popular ao tentar erixirse como defensor do complexo mar-industria, lembrando que os populares “non teñen reparos en apoiar recheos que si ameazan a sustentabilidade e o futuro do sector, ou de pastelear co PSOE en Bruxelas para dar carpetazo á investigación comunitaria sobre a falla de saneamento da ría de Vigo”. Aliás, lamentan o “silencio covarde” de PSOE e Unidas Podemos a respeito do alcance que vai ter a lei en relación ao tecido produtivo instalado na costa.

A deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández, aclarou que para o BNG “abordar o cambio climático é unha tarefa que non se pode demorar” e afirmou que a fronte nacionalista aposta de maneira decidida por medidas para reducir a pegada ecolóxica dos procesos produtivos e protexer a biodiversidade. No entanto, advirte de que o proxecto de lei en tramitación ten aspectos amplamente mellorábeis e incorpora unha óptica centralista que ignora a realidade galega.

En concreto, Fernández denuncia que o artigo 18 da lei de cambio climático supón unha modificación agochada da lei de Costas que impón unha visión “desde Madrid” que non ten en conta o tecido produtivo. Para as nacionalistas a actual redacción deste artigo ameaza a continuidade dun importante número de postos de traballo. “Non pode tratarse igual a industria sustentábel e ben integrada de actividades ligadas ao mar que outro tipo de industrias”, defendeu. É por iso que o BNG formulou diferentes emendas e agora promove unha transaccional co obxectivo de reconfigurar este artigo para evitar que desertice o complexo mar-industria, excluíndo aqueles usos que sexan sustentábeis e que estean vinculados ao mar.
Fernández subliñou tamén outras propostas trasladadas polo BNG para avanzar nunha mellor protección do medio natural e tamén iniciativas, como o proxecto Galiza Next, para aproveitar os fondos de reconstrución para avanzar en termos de sustentabilidade ambiental.

Pola súa banda, a deputada, Carmela González, enfatizou a importancia das actividades produtivas ligadas ao complexo mar-industria, como son o marisqueo, a depuración de produtos do mar, a conserva ou os cocedoiros, entre outros, afirmando que “son estratéxicas para ao País, xeran millares de postos de traballo e dinamismo económico e son absolutamente sustentábeis e que, polo tanto, poden manterse na costa”. González contrastou esa realidade con outros usos “agresivos, nocivos e contaminantes” como o caso de Ence, que como leva anos a defender o BNG, non poden continuar instaladas no litoral.

 


 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,75,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,209,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,69,-LAS PERSONAS,87,-LOS DEPORTES,229,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,165,-PORTADA),420,-Y ADEMÁS...,199,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,61,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,33,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,59,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,278,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,11,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,34,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,493,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,33,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,170,TAUROMAQUIA,146,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: El Bloque quiere una ley de cambio climático que eche a ENCE pero proteja "las actividades sustentables del complejo mar-industria"
El Bloque quiere una ley de cambio climático que eche a ENCE pero proteja "las actividades sustentables del complejo mar-industria"
https://1.bp.blogspot.com/-02B64M5tFEk/YFipxeiv_EI/AAAAAAAA-DY/QZsESmjpCxMwVpJLo2UGaPvHrbVpPoQkgCLcBGAsYHQ/w640-h312/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-22%2Ba%2Blas%2B14.22.23.png
https://1.bp.blogspot.com/-02B64M5tFEk/YFipxeiv_EI/AAAAAAAA-DY/QZsESmjpCxMwVpJLo2UGaPvHrbVpPoQkgCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h312/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-22%2Ba%2Blas%2B14.22.23.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/el-bloque-quiere-una-ley-de-cambio.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/el-bloque-quiere-una-ley-de-cambio.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content