Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Poio) PP vuelve a la carga : "el Gobierno, 1.124 propuestas de gastos con informes desfavorables"

Poio) O PP informa que o Tripartito no ano 2020 tramitou 1.124 propostas de gastos por importe de máis de 2M€ con informes desfavorables

· O Partido Popular de Poio fixo públicos os datos incorporados no informe de intervención relativo á conta xeral do exercicio 2020 e "no que se desprende que o Tripartito tramitou en 1.124 ocasión propostas de gasto por importe de máis de 2 millóns de euros sen existir cartos no momento de realizarse o gasto e que deberían contar con un expediente de contratación previo".

· «1.124 veces que xestionar mal e de forma fraudulenta os cartos dos veciños de Poio durante o ano 2020 é unha cifra alarmante e que escenifica a nefasta forma de traballar deste equipo de goberno: sen rigor, sen prudencia e sen facer caso os informes de intervención cando non lles interesa».

· «É curioso que o Tripartito, en ocasións, escúdese en informes desfavorables para non facer as cousas como por exemplo cando lle desestimaron as alegacións aos orzamentos ás asociacións veciñais e logo ver estas prácticas irregulares durante todo o ano».

· «Despois de reiterados contratos a dedo a xente afín ao BNG, que xa desde o PP de Poio denunciamos no seu momento, xa non nos sorprende ter que ler este tipo de informes de funcionarios municipais».

· «O BNG e o PSOE eran os que estaban acostumados a facer estas prácticas irregulares no Concello pero xa observamos que Avante Poio aprendeu rápido estas malas prácticas e non está a cumprir ningún dos compromisos asinados no pacto de goberno».

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement