Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación) 8 millones para contratar 757 personas

A Deputación de Pontevedra leva xa destinados case oito millóns de euros á contratación de 757 persoas da provincia ao abeiro do Plan Concellos 2021. Coa última achega aprobada este venres na Xunta de Goberno para Agolada, xa son 49 concellos os que completaron a Liña 3 de Emprego do plan provincial coa que os municipios poden financiar a contratación de persoal.

No caso de Agolada, o concello do Deza contará con máis de 156.000 euros para contratar a 16 persoas: un/unha administrativa con tarefas de atención ao público, un ou unha xornalista e tres poceiros/as de rede de saneamento. Do mesmo xeito, tamén se contratará a un condutor/a de camión para a recollida de lixo, unha persoa para a recollida do lixo, así como a catro pavimentadores/as, unha persoa para o mantemento de edificios e dúas para a conservación de parques e xardíns. Tamén procederase á contratación dun ou dunha ordenanza así como dunha persoa que levará a cabo tarefas de pegada de carteis, estes dous últimos postos están reservados a persoas con diversidade funcional.

Convenios administración electrónica

Doutra banda, a Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos convenios de colaboración para a dotación do Servizo de Administración Electrónica, no marco do novo contrato 2021, con outras oito entidades locais da provincia, en concreto cos concellos de Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Meaño e a Entidade Local Menor de Camposancos.
A institución provincial aprobou recentemente o contrato para a prestación deste servizo para os concellos de menos de 50.000 habitantes, cun investimento de 578.500 euros. Cos acordos coas 8 entidades ás que se acaba de dar luz verde, a Deputación suma xa un total de trinta aprobados no que vai de ano.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement