Vigo. La sentencia de Gran Vía da alas a Caballero para instalar "a la velocidad de la luz" más rampas mecánicas



Caballero se pone las botas en una sesión especial de ataques y reproches a la Xunta.

O alcalde de Vigo cualifica de “contundente” a sentenza que "rexeita o intento da Xunta de parar as ramplas da Gran Vía"

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso do Concello contra a denegación da autorización da Xunta á proposta de rehabilitación e transformación do entorno urbano da Gran Vía. O TSXG avala, por tanto, as ramplas mecánicas da Gran Vía e rexeita que Patrimonio da Xunta poida denegala “por falta de acreditación por la Xunta de la afectación de los bienes catalogados en su integridad, percepción, comprensión y estudio”.

Na resolución, o alto tribunal galego estima todos os motivos de fondo alegados polo Concello comezando por considerar que corresponde aos entes locais, a través dos catálogos dos instrumentos de planeamento, incluir os bens do seu patrimonio cultural e delimitar o seu entorno de protección. Neste, caso o Plan Especial e Catálogo de Edificios, Conjuntos e Elementos a Conservar (PEEC) inclúe varios inmuebles desta calle, non se establece ningún entorno de protección específico. A sentenza coida que non é “coherente” aplicar a protección subsidiaria” e sinala que a denegación de autorización por parte da administración autonómica debería conlevar unha xustificación “concreta” sobre que finalidade persigue para protexer os edificios. Nestes senso, a sala determina que "es imprescindible que la denegación viniera determinada por los criterios marcados desde los bienes catalogados" e non como se fixo, examinando o proxecto, "prescindiendo de su concreta afectación a los inmuebles catalogados".

Logo de confirmar que “el Concello no actúa como particular solicitando autorización sino que lo hace en el marco de la estrategia urbana de desarrollo sostenible, Estrategia Vigo vertical”, o TSXG aclara que, respecto da protección, “solo resulta obligatorio para los monumentos, zonas arqueológicas y vías culturales”. Tamén engade que “La Ley de Patrimonio Cultural de Galicia advierte del riesgo de que las apreciaciones técnicas y la discrecionalidad resulten teñidas de subjetividad” e insiste en que “el examen de la actuación debió hacerse en función de los edificios catalogados en lugar de atender las condiciones de la Gran Vía y su boulevar que no goza de protección”.

El alto tribunal engade que “con arreglo a lo que dispone el Art. 35 de la misma Ley es a los entes locales a través de los catálogos de los instrumentos de planeamiento a los que corresponde incluir los bienes de su patrimonio cultural y delimitar su entorno de protección”. Concluye asegurando que “en el presente caso en el contorno de la Gran Vía no existe inmueble alguno que merezca la consideración de bien de interés cultural, se trata de inmuebles catalogados y aún respecto a la catalogación se prescindió de indicar el nivel de protección y el examen de su afectación por la intervención cuya autorización se denegó”.

Nunha rolda de prensa na que estivo acompañados polos catro tenentes de alcalde, Carmela Silva, Javier Pardo, Elena Espinosa e María Xosé Caride, o alcalde atribuíu este proceso xudicial a unha “actuación política premeditada e planificada” por Feijóo, secundada polo concelleiro de Cultura, Román Rodríguez e polo PP da cidade co fin de “facer dano” a Vigo. Neste punto, esixiu ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Cultura “pedir perdón” por “paralizar este proxecto” e outros moitos, entre os que destacou "a humanización de García Barbón na confluencia con Isaac Peral, o pavillón de Matamá, a Ronda don Bosco ou o Paseo de Bouzas. En rolda de prensa tamén criticou a actitude de Feijóo con outras cuestións como o proxecto de Área Metropolitana, a súa oposición ao AVE directo Vigo-Madrid ou o bloqueo da candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade ou ao fiasco as caixas de aforros".

Tras a resolución xudicial, o rexedor confirmou que a remodelación da Gran Vía continuará coa instalación de máis ramplas mecánicas “á velocidade da luz”. Con ese propósito, o goberno local habilitará os remanentes precisos para completar o proxecto ata a Praza de España e anunciou que as obras estarán en licitación nun prazo dun mes.
Caballero lamentou que volverá a haber problemas de tráfico na Gran Vía "pola negativa da Xunta a autorizar toda a actuación dunha soa vez".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.