Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo. El Bloque da la razón a Abel Caballero en sus ataques a la Xunta

El Bloque y Abel Caballero hacen una pinza contra la Xunta y el PP. O también : el Bloque da la razón a Abel Caballero en sus ataques a la Xunta... Cosas así podrán pensar no pocos lectores cuando atiendan a la información y posicionamiento que sigue...

O Bloque refere que o PP “volve dicir non a Vigo” ao rexeitar as súas emendas aos orzamentos da Xunta.

A fronte nacionalista demandaba un incremento de 105 millóns de euros no investimento do Goberno galego en Vigo.

Xabier P. Igrexas: “O PP di con cinismo que están ‘por Vigo’ pero a Xunta de Feixóo insiste nunha deliberada política de abandono e maltrato contra a principal cidade de Galiza”


O Bloque Nacionalista Galego criticou o rexeitamento por parte da maioría absoluta do Partido Popular de todas as emendas formuladas aos orzamentos da Xunta para o vindeiro 2021, e nas que as nacionalistas demandaban un incremento por volta dos 105 millóns de euros no investimento do Goberno galego na cidade de Vigo.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, afirmou que con esta negativa “o Partido Popular volver dicir ‘non’ a atender as necesidades da cidade de Vigo”. Nese sentido, exemplificou que o rexeitamento do PP ás emendas nacionalistas supón “dicir non” a medidas como a posta en marcha dun plan de reactivación industrial, a creación dun centro de reparacións navais na ría de Vigo, o instituto para Navia ou a posta en marcha de tres novas escolas infantís.
Aliás, o veto popular ás propostas da fronte nacionalista suporá -indica o Bloque- insistir no “modelo privatizador e recortado” imposto na sanidade pública, ao impedir o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro, a integración de Povisa na rede Sergas ou o reforzo da atención primaria, referen os nacionalistas.
O portavoz municipal nacionalista criticou tamén o “cinismo” do Partido Popular de Vigo. “Nos últimos meses o PP de Vigo puxo en marcha unha campaña propagandística baixo o lema ‘Estamos por Vigo’, e o que lle queremos dicir ao PP e ao seu voceiro, Alfonso Marnotes, é que ninguén pode acreditar en que estean de verdade por Vigo cando os seus deputados e deputadas din que non a atender as necesidades da cidade, e cando o seu goberno na Xunta insiste nunha deliberada política de abandono e maltrato contra a principal cidade de Galiza”, reprochou.
Para Igrexas “non hai slogan que poida ocultar o maltrato sistemático que o Partido Popular aplica sobre as viguesas e os vigueses” e comprometeu que o BNG seguirá a loitar en todos os ámbitos por poñer fin a esa política.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement