ACADAR y COGAMI, contra viento y marea...

A pandemia non foi quen de interromper un programa de activación para o emprego que desenvolveu a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), entidade membro de COGAMI, e no que participou un total 57 mulleres con discapacidade.
O obxectivo foi contribuír ao empoderamento das mulleres con discapacidade como proceso que fomenta a súa autonomía social e económica e que serve como motor para a activación para o emprego naquelas mulleres en desemprego de longa duración e/ou en situación de maior vulnerabilidade.
O programa continuará este ano e serán 85 mulleres galegas con discapacidade as que participen nesta edición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.