Universidade de Vigo. Desenvolven metodoloxía de caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar

A través dun algoritmo de procesado de datos adaptado ás características das frondosas. Investigadoras da EE Forestal desenvolven metodoloxí...

A través dun algoritmo de procesado de datos adaptado ás características das frondosas.
Investigadoras da EE Forestal desenvolven metodoloxía de caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar. Permite identificar e coñecer as dimensións de cada exemplar.





EDUARDO MUÑIZ DUVI PONTEVEDRA ) IN DIARIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Identificar, localizar e coñecer as dimensións de todas e cada unha das árbores dunha explotación forestal é a principal vantaxe que o uso da tecnoloxía Lidar pode achegar aos traballos de xestión e inventariado de masas arbóreas. Non obstante, as metodoloxías de procesado das nubes de puntos xeradas pola aplicación desta tecnoloxía, baseada na emisión dunha serie de pulsos de luz láser que, tras impactar cun obxecto sólido, devolven un sinal cunhas coordenadas, non son válidas para a medición de plantacións de especies de frondosas como o eucalipto. Co propósito de favorecer a aplicación desta tecnoloxía nos montes galegos, investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal desenvolveron unha metodoloxía de procesado da información xerada polo uso do Lidar a bordo dun dron adaptada ás particularidades das frondosas e, máis concretamente, ás da principal especie produtiva na comunidade. 

“As metodoloxías de identificación e caracterización de árbores individuais están testadas e verificadas para outra tipoloxía de masas forestais e xeralmente están orientadas a coníferas”, explica a profesora da EE Forestal Julia Armesto. Polo xeral, engade a investigadora predoutoral Laura Alonso, están “orientadas a detectar as formas cónicas” que caracterizan ás coníferas, mentres que árbores frondosas como o eucalipto xeran “masas máis globosas” con copas “con formas máis redondeadas, que non teñen ese ápice tan diferenciado en altura”, engade Armesto. Ante os erros que en materia de detección da altura máxima e identificación individual das árbores xeraban os sistemas xa desenvolvidos, na EE Forestal traballaron nun algoritmo capaz de procesar “nubes de puntos de alta resolución” de masas arbóreas ordenadas, “que se caracterizan pola existencia dun determinado patrón de plantación”, orientado ademais ás especifidades das frondosas. 

A radiografía dun monte

As características desta metodoloxía recóllense nun artigo que Armesto e Alonso publicaron na revista científica Remote Sensing xunto co docente e director da EE Forestal, Juan Picos, e os investigadores Guillermo Bastos e Daniel Míguez. Neste, recóllense os resultados da súa posta a proba nun monte de Vimianzo, que lles permitiu constatar as súas potencialidades para “a caracterización de todos os individuos dunha poboación”. As metodoloxías tradicionais de inventariado forestal, explica Armesto, implican traballar “cun número limitado de parcelas de mostra e logo estender os parámetros ao conxunto da superficie”. Pola contra, co uso do Lidar a bordo dun dron “estás facendo unha radiografía dun monte ao completo”, o que permite, en primeiro termo, “ter as árbores perfectamente identificadas e localizadas, coñecer a altura de todos os individuos e como se distribúen no espazo”. Por outra banda, o feito de tratarse de información do conxunto da masa forestal fai tamén posible “facer unha avaliación das existencias moi axustada á realidade”, no referido, por exemplo, á estimación das toneladas de madeira dispoñibles. Do mesmo xeito, engade Armesto, esta tecnoloxía permite detectar se no monte existe algún claro ou zonas con menor densidade, así como “se hai algunha zona na que as árbores creceran menos por algunha particularidade”.  

Dúas metodoloxías postas a proba

No artigo Individual tree detection in a eucaliptus plantation using Unmanned Aerial Vehicle (UAV)-Lidar avalíanse os resultados da aplicación, nunha serie de probas levadas a cabo en Vimianzo, das “metodoloxías que se usan noutros estudos”, así como os resultados dos dous métodos desenvoltos polos investigadores da EE Forestal. “Ensaiamos dous métodos distintos, un baseado, digamos, en illar os troncos”, a través a da agrupación de nubes de puntos en polígonos; e outro centrado en xerar “un mapa de densidade de puntos, que nos dá un patrón de cor”, sendo este último o que “deu mellor resultado”, sinala Armesto. 

 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,205,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,47,-FRONTERAS,48,-LA CULTURA,56,-LA EURORREGIÓN,191,-LA VIDA,145,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,53,-LAS PERSONAS,54,-LOS DEPORTES,123,-m,1,-MAIS PORTUGAL,91,-MÁS ESPAÑA,57,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,96,-PORTADA),236,-Y ADEMÁS...,65,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,280,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,24,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,232,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,470,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,11,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,78,SPORTING DE BRAGA,147,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Universidade de Vigo. Desenvolven metodoloxía de caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar
Universidade de Vigo. Desenvolven metodoloxía de caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/styles/default/public/media/duvi/2021-01/poeucaliptos3.jpg?h=f6c08036&itok=bXOnmfBk
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/universidade-de-vigo-desenvolven.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/universidade-de-vigo-desenvolven.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content