Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Covid-19 / Galicia. El "Comité Clínico" y sus medidas acordadas este lunes

Os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame pasan ao nivel máximo de restricións.

Os concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro pasan ao nivel básico, polo que quedarán libres da limitación de mobilidade.

 
 

Ademais, os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio-alto de restricións

O comité clínico tamén acordou engadir ao listado con vixilancia especial aos concellos de Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois


O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame pasan ao nivel máximo de restricións. Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto, o mesmo que fan Noia e Lousame.

Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio-alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de concellos con vixilancia especial a Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00,00 horas do mércores.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Este martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas de fin de ano para Galicia.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement