Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Aprobado el protocolo anti-Covid de la Federación Gallega de Atletismo

Aprobado o protocolo COVID19 da Federación Galega de Atletismo.

No día de onte, a Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia, e seguindo a resolución da

Consellería de Sanidade, aprobou o Protocolo FGA COVID19 da Federación Galega de Atletismo o

que supón o visto bó para que se poidan reanudar as competicións.

Lembramos que as federacións deportivas están obrigadas a presentar ante a Xunta de Galicia un

Protocolo onde que se recollan todas as medidas preventivas e de seguridade correspondentes a

súa actividade. Este documento que debe ser aprobado pola organismo autonómico, é o punto de

partida para a volta a actividade federada.

Logo desta importantisimo trámite, os movementos non se fixeron agardar e xa no día de onte e con

carácter de urxencia, o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, convocou aos órganos de Goberno da

institución para anular o acordo de suspensión da actividade atlética oficial, que xa se atopa en

derogada. Da mesma maneira, o Secretario Xeral Carlos Castro no día de hoxe manterá unha

apreteda axenda cos Delegados da Federación para falar do tratamento do calendario de competición

xa aprobado, para este 2020.

Unha comisión que estudará cada solicitude

A Comisión de seguimento COVID19 estivo a desenvolver un intensísimo traballo de reunións

telemáticas con todos os estamentos atléticos que remataría ca elaboración, envío e aprobación do

Protocolo COVID19 por parte da Secretaria Xeral logo de varias indicacións por parte da

Administración Autonómica.

Deste modo a Comisión, integrada polo Secretario Xeral Carlos Castro e por Eladio Gómez, Eloy

Bretal, Angel Fidalgo, Guillermo Sandino e Jesús Vázquez, evaluará cada unha das peticións de

inclusión de probas no calendario FGA determinando deste modo, si se axustan as novas directrices

sanitarias.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement