Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo de Pontevedra sigue con sus propuestas para entretener las horas de confinamiento

A nova actividade utiliza como inspiración unha ducia de pezas moi variada dos fondos da institución: retratos, xoias e un vestido singular
O MUSEO PROVINCIAL PROPÓN XOGOS TRADICIONAIS PARA COÑECER COMO CAMBIOU A INDUMENTARIA DAS PERSOAS NA HISTORIA
O Museo de Pontevedra vén de colgar na súa páxina web unha nova iniciativa dirixida ás crianzas para estes días de confinamento: xogos tradicionais para coñecer como cambiou a indumentaria das persoas na historia. A proposta fai un percorrido por diferentes épocas e aproveita unha ducia de pezas da institución de moi diferentes tipos: xoias, vestidos, complementos, e sobre todo, retratos, algúns deles de persoeiros vencellados coa historia da cidade de Pontevedra.
A actividade iníciase cunha lectura sobre os motivos polos que en cada época a cidadanía se vestía como o facía e por que utilizaba os obxectos que porta nos seus retratos e pinturas. O percorrido histórico comeza co torque máis importante do Tesouro de Foxados, da Idade de Ferro, unha peza que amosaba distinción social; síguese explicando un retrato da Raíña Margarida de Austria, de 1607 (na institución provincial en depósito do Museo do Prado), e que amosa á esposa do rei Filipe III retratada polo famoso pintor da corte Juan Pantoja de la Cruz levando as súas mellores galas: roupaxes bordadas, unha gorgueira de encaixe e xoias, entre as que destaca o colar real feito co diamante ‘Estanque’ e a perla ‘Peregrina’.

Tamén se explican as características dun broche de esmeraldas do século XIX; un retrato do contraalmirante Méndez Núñez de 1863, cando vivía no caserón da praza que leva o seu nome, co seu uniforme e condecoracións; un retrato de Joaquina de Osma y Zabala de 1897, muller do presidente do Consello de Ministros, vestida ao estilo do deseñador inglés de alta costura Frederick Worth; un parasol estampado de Caxemira; un retrato de Bernardo Martínez Bautista, indiano que viviu e faleceu na casa onde actualmente está o Café Moderno de Pontevedra; un reloxio de peto do século XIX; un vestido de 1920 de tea e lentexoulas –unha das singularidades que garda o Museo-; un autorretrato do pintor Amadeo Suárez Couto de 1919 vestido co traxe tradicional galego, amosándolle orgulloso da cultura e a terra galega; un boceto de muiñeira de 1860 de Dionisio Fierros que amosa, supostamente, unha voda galega con traxes de gala; así como un sapo de tres corpos habitual para engalanar os traxes de gala tradicionais en Galiza para as cerimonias.

Con todas estas pezas como inspiración, o equipo educativo do Museo deseñou uha serie de figuras recortables e coloreables con vestimentas, tocados e complementos para que as e os máis pequenos fagan as súas propias creatividades. A proposta pode descargarse na web www.museo.depo.gal dentro do apartado Museo en familia.


Ad Code

Responsive Advertisement