Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Turismo internacional alcanza en Galicia cifras históricas


Á espera de contabilizar os datos do mes de decembro, este mercado gaña cada vez máis peso con máis de 1,4 millóns de viaxeiros estranxeiros.
Os datos do Instituto Nacional de Estatística feitos públicos hoxe tamén constatan unha evolución positiva do sector de aloxamento no conxunto do ano. 

O turismo internacional está a gañar cada vez máis peso na Comunidade galega ata rexistrar cifras nunca antes alcanzadas, con crecementos superiores ao 10% tanto en número de viaxeiros como no volume de noites. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que fixan en máis de 1,4 millóns de turistas estranxeiros e preto de 2,5 millóns de pernoitas contabilizadas ata o mes de novembro.

Así, a falta de computar os datos do mes de decembro, o mercado estranxeiro está a demostrar ser decisivo na positiva evolución do turismo galego en comparación co conxunto de España, onde Galicia está a ser o destino co mellor comportamento. Tamén está a ser positivo o turismo nacional, neste caso cun incremento dun 5% na súa demanda, rexistrando así máis de 7,9 millóns de noites, unha cifra récord nos primeiros once meses do ano.
  
O balance do INE constata tamén que, de xeito xeneralizado, está a ser positiva a evolución de todo o sector do aloxamento de Galicia, con incrementos da súa demanda turística nun 7,4% no que se refire aos establecementos extrahoteiros, que inclúen apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural; e cun aumento da demanda dun 5,7% no sector hoteleiro. Os niveis de ocupación tamén melloraron en todas as tipoloxías, cunha intensidade variable, para este período de tempo.

Desestacionalización

Estas estatísticas coñécense no mesmo día no que o INE publicou os datos do mes de novembro para a totalidade dos establecementos de aloxamento. Preto de 260.000 viaxeiros escolleron Galicia durante o mes de novembro, mes de temporada baixa, e realizaron máis de 538.000 noites. En termos globais, obsérvase un incremento da demanda no ámbito hoteleiro nese mes dun 1% e tamén no ámbito extrahoteleiro, neste caso cun incremento de preto do 9%, que en termos de volume supuxo a xeración de 2.600 noites.



Ad Code

Responsive Advertisement