martes

Mensaje de Fin de Año del Presidente de la Xunta de Galicia

Estamos en tempos de Nadal e aulas como esta están baleiras. Porén son un lugar axeitado para reflexionar con todos vostedes sobre a Galicia que compartimos. Esa Galicia ten nas escolas e institutos a mellor garantía de que o noso éxito colectivo vai proseguir no futuro. Sabíano os nosos emigrantes sempre preocupados por patrocinar, mediante as chamadas “escolas de indianos” unha educación que eles consideraban fundamental para o rexurdimento da nosa terra. 
O seu esforzo frutificou e o esforzo educativo feito pola Galicia autogobernada vén de ser avalado polo coñecido Informe Pisa, o estudo internacional máis prestixioso sobre a calidade do ensino. A nosa comunidade sitúase en cabeza das autonomías españolas en Ciencia e nos primeiros postos en Matemáticas. 

É un mérito dos escolares, dos ensinantes, das familias e tamén da sociedade na que viven e se forman os nosos nenos e mozos. Nun tempo que é pequeno en termos históricos, Galicia pasa de sufrir un sistema educativo precario e desigual, a contar con medios e recursos humanos e materiais que nos equiparan cos países máis adiantados. En aulas coma esta proporciónase un Ensino Público de calidade e con igualdade de oportunidades. 
Os nenos e os mozos, as nenas e as mozas, son o noso principal activo. Por iso, nunca será dabondo o esforzo por dotar o noso sistema educativo non soamente de ferramentas pedagóxicas, senón tamén de valores como a tolerancia. Sentir orgullo do que somos sen que iso implique rexeitar a ninguén forma parte da nosa maneira de ser e axudará aos nosos mozos a desenvolverse mellor nun mundo que lles pertence. 

A Galicia que vai entrar no 2020 está nun mundo complexo, nunha Europa que afronta serias disxuntivas e nunha España sometida a sobresaltos. Nese contexto cheo de sorpresas pouco tranquilizadoras, Galicia forma parte dos pobos que consideran a estabilidade como un requisito para o benestar das persoas. 
A experiencia demostra, en efecto, que a inestabilidade conduce á parálise política e, por iso, ao atraso interminable de decisións urxentes. A política que propicia a inestabilidade deixa de ser un motor da sociedade para converterse nun atranco. A política cautiva de posicións extremas, altera a harmónica convivencia das persoas. 
Tanto unha como a outra están lonxe do carácter propio dos galegos, pero afectan negativamente aos intereses galegos. Galicia segue agardando por recursos que son seus e que están inexplicablemente retidos pola Administración central. 

Galicia sente unha lóxica inquedanza pola indefinición da data de finalización das obras do AVE. Galicia asiste con estupor a unha errática política que parece destinada a condenar a unha parte do noso sector industrial, malia a súa capacidade tecnolóxica e á súa adaptación ao mercado. Especialmente nestas datas temos na cabeza as familias que padecen esta incerteza. 
Mentres tanto prímanse acordos con forzas e líderes xulgados e condenados, que teñen o propósito confesado e ratificado de socavar primeiro a España das Autonomías para fragmentala mediante procesos de ruptura. E descártanse entendementos baseados na moderación que propiciou a etapa máis fecunda da nosa historia. Galicia non permanece nin permanecerá calada cando a necesaria estabilidade da nosa nación común se entrega como moeda de cambio. 

Nestas aulas do Instituto Blanco Amor de Ourense fun alumno e agora son un alumno de Galicia. 
Un gobernante ten a obriga de aprender constantemente do seu pobo. É a mellor maneira de acertar e de saber cando un se equivoca. Rectificar decisións equivocadas, mal explicadas ou mal entendidas, forma parte das obrigas dun político con responsabilidades públicas; así o entendo. 
E ser un pobo reivindicativo, consciente dos seus deberes e dereitos, é algo que caracteriza á nosa Comunidade e que supón un constante acicate para os seus gobernantes. 
Galicia é unha aula ampliada na que se practica decote unha reivindicación que vai da man da unidade: a mesma unidade que predicou sen descanso a Xeración Nós, cuxo centenario celebramos no 2020. 
Como a Xeración Nós, Eduardo Blanco Amor –que dá nome a este instituto e no que neste 2019 cómprense 40 anos do seu falecemento– formou parte do elenco de galegos ilustres que traballaron polo rexurdimento sen rancores nin revanchismos, sen excluír a ningún galego de ben disposto a traballar na obra común. A el debémoslle unha obra memorable, e sobre todo un pensamento integrador que hoxe ten máis vixencia que nunca, fronte a tendencias que teiman por fraccionar nacións, pobos e sociedades. 

Xuntos somos máis fortes. O alento dun pobo unido chega con máis intensidade ás persoas e colectivos que padecen situacións difíciles, como os traballadores de industrias golpeadas por problemas internos ou por decisións ou indecisións de índole política; como os enfermos; como os marxinados e emigrantes; como as mulleres que sofren calquera tipo de violencia machista. 
Todos formamos parte dunha comunidade que é tal porque ten moitas cousas en común e quere seguir camiñando unida sen deixar atrás ou de lado a ninguén. Pensando sobre todo no que garante o noso futuro: 
- As familias, que desde o próximo 1 de abril non pagarán gardería a partir do segundo fillo. 
- Ou nos mozos, que teñen por primeira vez transporte gratis nas liñas que dependen da Xunta ata os 21 anos.
- Ou na Galicia verde, que queremos deixar á vindeira xeración, con instrumentos que aprobamos para apostar por unha Galicia que loite contra o cambio climático e promova a economía circular. 
- Ou na Galicia innovadora, apoiando a ciencia e a innovación nas empresas para que o cambio de modelo xere oportunidades en lugar de incertezas. 

Queremos que a Galicia da nova década sexa máis que nunca Galicia Calidade. Unha Galicia que se marca novas metas e obxectivos máis ambiciosos para poder seguir sentindo o orgullo de acadalos. 
Esta aula é unha boa metáfora do que Galicia significa. Por aquí pasamos varias xeracións e pasarán moitas máis. Cada unha é distinta e aporta ideas novas que se suman ás anteriores e se sumarán ás posteriores. Este instituto vaise transformando aínda que o recinto sexa semellante. Evoluciona como o fai Galicia, sendo a mesma e sendo distinta, exercendo o mesmo bilingüismo cordial que practicou Blanco Amor e reclamando sempre o seu lugar en España, en Europa e no mundo. 
Collo prestadas as seguintes palabras para reiterar que “en Galicia non somos moitos, pero Galicia é moito”. Quen o poña en dúbida pode comprobalo na exposición “Galicia, un relato no mundo” que segue aberta na Cidade da Cultura. Nela verificará que os galegos estamos presentes en todos os fitos da historia e somos referentes nas principais correntes culturais. Sempre hai unha pegada galega, unha achega, un ingrediente. 

No ano que deixamos atrás, esa presenza galega continuou sendo relevante e no ano que recibimos –pórtico do Xacobeo do 2021– Galicia volverá ser un foco de tolerancia, solidariedade e unidade. Afirmar que temos futuro lonxe de ser algo retórico ten aquí, en aulas coma esta, o seu fundamento. 
Galicia é moito. Galicia é todo. Bo Nadal e os mellores desexos para o novo ano. 

Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta de Galicia

¡Feliz año 2020!

A todos los amigos, a todos los lectores que nos siguen, a todos y cada uno de nuestros visitantes no puedo por menos, en esta despedida e inicio de año nuevo, que desearles lo mejor. De ahí que haga presente ahora nuestra postal de Navidad. Gracias a todos, que seáis muy felices.


¿A qué esperan para adherirse al plan de lucha contra la avispa asesina?

O Goberno galego segue a planificar as actuacións co obxectivo de poñer en marcha 
o Plan ao longo do vindeiro mes de xaneiro en todo o territorio galego.
O programa conta cun investimento de máis de 2,3 millóns de euros para que 
a Administración autonómica, en colaboración cos concellos que se unan, 
retire os niños da vespa velutina na nosa comunidade.
O Plan basease na concentración de recursos para ofrecer unha resposta profesional e eficaz de forma homoxénea en tódalas zonas afectadas.

POLO MOMENTO : MÁIS DE 160 CONCELLOS AMOSARON O SEU INTERESE 
POR ADHERIRSE AO PLAN DE LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA 
ACORDADO ENTRE A XUNTA E A FEGAMP

A Xunta continúa coas actuacións para poñer en marcha o Plan de loita contra a vespa velutina acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Os concellos galegos teñen de prazo ata o próximo martes, 31 de decembro, para adherirse ao plan. Ata ao momento, máis de 160 entidades locais galegas amosaron o seu interese no programa e xa anunciaron á Dirección Xeral de Administración Local a súa intención de unirse de forma voluntaria. 
A Administración autonómica reactivou esta semana o contacto coa Fegamp para a súa implantación en todo o territorio galego, co obxectivo de que poida estar operativo ao longo do vindeiro mes de xaneiro. 

A Xunta e a Fegamp acordaron o pasado outubro poñer en marcha de maneira coordinada e  conxunta este Plan, que conta cunha dotación de 2,3 millóns de euros, a través de fondos propios da Administración autonómica e do Fondo de Cooperación Local. O Goberno galego xa vén traballando desde o 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o impacto da vespa asiática na comunidade e, ante o aumento da súa presenza, decidiu redobrar os esforzos e actuar coa Fegamp coa posta en marcha deste Plan para frear o seu avance. 
O Plan de loita contra a vespa velutina basease na concentración de recursos para eliminar os seus niños na nosa comunidade e ofrecer unha resposta profesional e eficaz de forma homoxénea en tódalas zonas afectadas. Desta forma, a Xunta, en colaboración cos concellos que se adhiran a este plan, realizará os traballos de retirada de niños da vespa velutina.

Estas actuacións están sendo levadas a cabo, polo de agora, de forma directa con medios propios dos concellos en 124 municipios denominados colaboradores, unha vez que se recibe o aviso no teléfono habilitado no 012. Tamén participan os GES, e persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e da Consellería do Medio Rural. 



Metro do Porto atingiu já um novo recorde histórico de procura

O ano ainda não chegou ao fim e o Metro do Porto atingiu já um novo recorde histórico de procura. A 23 de Dezembro registou-se o número redondo de 70 milhões de clientes transportados desde o início do ano. São mais 8,5 milhões e 14 por cento do que no mesmo período de 2018. Um número ainda mais extraordinário se pensarmos que os primeiros estudos relativos ao impacto do Metro do Porto apontavam para que o sistema viesse a ser utilizado, no melhor cenário, por 60 milhões de pessoas por ano.
Tiago Braga, presidente da Metro do Porto, fez questão de agradecer aos clientes: “São a razão de ser de uma infra-estrutura como esta. É nos clientes que encontramos a razão para procurar, todos os dias, trabalhar cada vez melhor. Daí que, perante o novo recorde absoluto que hoje atingimos, o primeiro agradecimento deva ser feito aos nossos clientes. Eles que, por vezes, viajam com condições de conforto que, reconhecemos, podiam ser melhores. Mas eles, clientes, que todos os dias confiam no esforço e na dedicação do Metro do Porto e na fiabilidade do nosso serviço. Muito obrigado.”
João Pedro Matos Fernandes, Ministro do Ambiente e da Ação Climática, fez questão de participar no evento evocativo dos 70 milhões de clientes, salientando “o sucesso do Metro do Porto e o sucesso do PART – Programa de Apoio à Redução Tarifária”, permitindo uma redução do valor dos títulos Andante de assinatura mensal e contribuindo para que o crescimento da procura tivesse ganho proporções ainda mais significativas. Matos Fernandes garantiu o empenho do governo na expansão da rede do Metro, cujos concursos públicos para as novas linhas (Rosa, no Porto, e prolongamento da Amarela, em Gaia) se encontram a decorrer. O Ministro do Ambiente da Ação Climática vincou ainda o compromisso do Metro do Porto para com o Roteiro para a Neutralidade Carbónica e na redução de emissões de gases com efeito estufa.
O Metro do Porto – que cumpriu, há dias, 17 anos de operação ininterrupta (desde 7 de Dezembro de 2002) -, já transportou mais de 810 milhões de clientes e já percorreu mais de 100 milhões de quilómetros. O equivalente a 2.500 voltas ao planeta Terra ou a mais de 130 viagens de ida e volta à Lua.
Nesta fase e para além das empreitadas de expansão da rede, que ganhará 7 quilómetros e 7 novas estações até 2023, o foco do Metro do Porto está num conjunto de medidas que têm como objectivo adequar a oferta ao crescimento sustentado da procura. Está concluído o concurso para a adjudicação de 18 novas composições que vão integrar a frota do Metro. Por outro lado, já em Janeiro de 2020, vamos ter em circulação dois veículos Eurotram adaptados a uma nova configuração, com mais lugares, mas sobretudo com um novo desenho do espaço, permitindo uma maior mobilidade interior.


lunes

¿Llegará a tiempo el AVE a Galicia para el Año Santo?

¿Llegará a tiempo el AVE a Galicia para el Año Santo de 2021?. ¿O llegará cuando pueda...?.
La última información que por ahí circula, sobre planes a llevar a cabo en el año 2020 por parte de Fomento, a día de hoy 30 de diciembre de 2019, es otra de esas modelo ADIF, que lleva encerrada una respuesta de esas que ni si, ni no...
Aparece en agencias y también en el diario ABC. Es expresiva : "Durante 2020 se pondrá además en servicio un nuevo tramo del AVE a Galicia, el trazado de 110,75 kilómetros que une Zamora y la localidad de Pedralba de la Pradería, que ya está en fase de pruebas y que incluye la nueva estación de Sanabria. Este tramo supondrá un nuevo recorte en los tiempos de viaje en tren desde esta Comunidad y Madrid. Así, el trayecto entre Orense y la capital quedará en tres horas y media, casi una hora menos respecto a las cuatro horas y 22 minutos que es preciso invertir actualmente, con el AVE hasta Zamora.
No obstante, Adif confía en que a lo largo del año concluyan todas las obras que restan para completar el corredor hasta Galicia y se inicien las correspondientes pruebas".


Por cierto, hablando de gestos para con Galicia del Gobierno en funciones y PSOE gobernante en Madrid : el BNG no ve en el PSOE "demasiada buena voluntad de concretar" medidas para Galicia en el diálogo para la investidura... No nos queremos enterar : están muy ocupados agasajando a catalanes y vascos, como para pararse en soltar unas migajas a una Galicia a la que ni siquiera han dado los millones pendientes que desde hace meses reclama la Xunta y que Feijóo recordará, una vez más, este 31 de diciembre en su mensaje de fin de año.


600.000 gallegos se vacunaron contra la gripe

Estas cifras supoñen un incremento de máis de 27.000 vacinados respecto do ano pasado.
Aquelas personas que non se vacinaron aínda están a tempo de facelo nalgún dos preto de 900 puntos repartidos por toda a comunidade, xa que as vacinas estarán dispoñibles durante o mes de xaneiro.

PRETO DE 600.000 PERSOAS RECIBIRON 
A VACINA DA GRIPE NA CAMPAÑA QUE REMATOU ONTE 

Preto de 600.000 galegos vaciñaronse na actual campaña contra a gripe que se iniciou o pasado 14 de outubro e que rematou onte. A falta dos datos do útimo día, 594.818 persoas vacináronse ata o 26 de decembro. Isto supón un total de 27.410 persoas vacinadas máis respecto á campaña do ano pasado.

Das persoas vacinadas, 406.340 pertencen ao grupo obxectivo de 65 anos ou máis, o que supón una taxa de cobertura neste colectivo do 59,78%, adiantando en máis dun punto porcentual as cifras acadadas na anterior campaña. Isto supón que se vacinaron 11.898 persoas máis neste grupo que na totalidade do ano anterior. Os índices máis elevados, ao igual que en anos anteriores, sitúanse na poboación de 75 ou máis anos con coberturas por encima do obxectivo marcado do 65%, acadando un 66,69%, o que pon de manifesto a boa adhesión desta poboación á vacinación anual fronte á gripe. 

Increméntase dun xeito especial a participación do persoal sanitario, un colectivo prioritario para a vacinación, tanto para evitar a transmisión da gripe aos pacientes coma pola súa propia protección. Así, consolídase a tendencia ascendente dos derradeiros anos. Ata 26 de decembro, 17.267 profesionais sanitarios galegos recibiran a vacinación, superando en 2.370 vacinados o número total acadado na campaña 2018. En atención primaria vacináronse 5.213 profesionais respecto dos 4.853 do ano pasado. A evolución é aínda maior na atención hospitalaria, con 12.054 traballadores vacinados, 2.000 máis que un ano atrás, cun incremento notable no persoal de enfermería hospitalaria.
Cómpre destacar así mesmo á vacinación das mulleres embarazadas. Nesta campaña  vacináronse 7.206 o que supón un incremento de 645 respecto á vacinación no 2018. Estas cifras mostran a consolidación deste grupo de risco como de gran adherencia á vacinación.

Sanidade recorda que este ano en Galicia aínda non estamos en onda epidémica e   aínda están a tempo de vacinarse todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito. Así, aínda que a campaña rematou onte, os interesados poden acudir a facelo a algún dos preto de 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade (centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da terceira idade e outros). As vacinas estarán dispoñibles durante o mes de xaneiro
É necesario insistir tamén na importancia de protexerse fronte á gripe, nestas persoas en risco xa que a vacina antigripal non só limita o número de casos de gripe, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas da enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte.

Últimos datos epidemiolóxicos
Non se pode esquecer que o principal obxectivo desta campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela e, aínda que non empezou a onda deste ano, os últimos datos epidemiolóxicos publicados amosan xa 40 ingresos hospitalarios por esta enfermidade, un dos cales tivo que ingresar na UCI.

Para máis información poden consultar a web temática da campaña (https://gripe.sergas.es), como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, con toda a información actualizada.



Llega a 247.631 el número de empresas con sede social en Galicia

A cifra de empresas galegas a 1 de xaneiro de 2018 creceu nas catro provincias.
Os maiores incrementos prodúcense nas empresas de máis de 500 asalariados (+7%) e nas que teñen entre 100 e 249 traballadores (+4,9%).
O directorio de empresas galegas medra porque o número de altas (24.632) foi superior ao de baixas (22.646).

O NÚMERO DE EMPRESAS CON SEDE SOCIAL 
EN GALICIA MEDRA EN 1.973 E SITÚASE EN 247.631, 
SEGUNDO OS DATOS PUBLICADOS HOXE POLO IGE. 

O número de empresas con sede social en Galicia ascende a 247.631, segundo indica o ‘Directorio de empresas e unidades locais’ do ano 2018 publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento de 1.973 empresas respecto ao ano anterior, un 0,8% máis.

Ao número de empresas con sede social en Galicia súmanse outras 4.359 empresas que teñen actividade na comunidade autónoma pero a súa sede social está fóra de Galicia. Isto significa que o 98,3% das empresas que operan en Galicia teñen a súa sede social nalgunha das catro provincias galegas.

Precisamente, o incremento de empresas galegas a 1 de xaneiro de 2018 rexistrouse nas catro provincias. Os maiores crecementos producíronse na provincia de Lugo –un 1,36%, ao aumentar 501 as súas empresas- e na de A Coruña, que contabiliza 853 empresas galegas máis e un incremento do 0,85%. As cifras tamén son positivas en Pontevedra –aumentan un 0,61% ao sumar 495 empresas máis- e na provincia de Ourense, que conta con 124 empresas máis e un crecemento do 0,46%.

En canto á distribución territorial da sede social, a maioría das empresas localízanse nas provincias atlánticas, xa que A Coruña suma 101.520 e Pontevedra contabiliza 81.586 empresas. Nas provincias orientais, a cifra ascende a 37.405 empresas en Lugo e 27.120 na provincia de Ourense.

Medran as empresas con máis asalariados
Respecto ao número de asalariados, a operación estatística do IGE mostra que o maior incremento de empresas galegas produciuse nas de 500 ou máis asalariados, que medran un 7% ao pasar de 57 a 61; e nas de 100 a 249 asalariados, que crecen un 4,86% ao pasar de 370 a 388 empresas. Todos os tramos medran agás o de empresas de 1 a 2 asalariados e o de 250 a 499 asalariados, que baixan un 0,87 e un 1,08%, respectivamente.

O Directorio de empresas medra sobre o ano anterior grazas a que o número de altas de empresas rexistradas é superior ao de baixas. En concreto, o número de altas de empresas con sede social en Galicia foi de 24.632, fronte ás 22.646 baixas. Xunto a elas, outras 222.999 empresas permaneceron activas logo de ser dadas de alta en anos anteriores.



Preocupa el acceso al alcohol de los jóvenes preuniversitarios gallegos

Los municipios gallegos con mayor accesibilidad al alcohol presentan un 30% más de consumo entre jóvenes preuniversitarios.

Los estudiantes de segundo de Bachillerato que residen en localidades de Galicia con una densidad de locales de venta y de consumo de alcohol de 8,42 a 9,34 por cada mil habitantes tienen un riesgo un 39% más elevado de consumo de riesgo de alcohol y un 29% mayor de consumo intensivo de alcohol que los que residen en municipios con menos de seis locales por cada mil habitantes. Es una de las principales conclusiones de un estudio que acaba de publicar un equipo del departamento de medicina preventiva de la Universidad de Santiago de Compostela en la revista GACETA SANITARIA y que se realizó con una muestra de 2.667 estudiantes recién llegados a este centro educativo superior en 2016 y procedentes de 223 municipios gallegos.

A pesar de que la venta de alcohol a menores está prohibida, la investigación revela que el 60,5% de los estudiantes universitarios de primer año manifestaba un consumo de riesgo de alcohol durante el año anterior y que el 28,5% declaraba un consumo intensivo de alcohol, es decir, que más de una vez al mes había consumido seis o más bebidas alcohólicas en una única ocasión.

Los resultados del estudio también muestran diferencias significativas según el municipio de procedencia de los estudiantes. Entre los principales municipios de Galicia, Lugo y Ourense presentan una prevalencia de consumo de riesgo de alcohol de alrededor del 70% de los estudiantes preuniversitarios y Santiago de Compostela y Pontevedra, del 60%.

En cuanto al consumo intensivo de alcohol, los municipios de Ferrol y Ourense presentaron una prevalencia de aproximadamente el 36%, mientras que en Santiago de Compostela y Pontevedra fue del 30%.
“Estos datos señalan la importancia de incluir la disponibilidad de alcohol en el entorno de las personas al estudiar los factores de riesgo del consumo de alcohol, como una dimensión contextual que parecer ser determinante para el consumo de riesgo de alcohol y el consumo intensivo de alcohol, más allá de los clásicos factores de consumo individual”, apuntan los autores del estudio. “Resulta llamativo que más de la mitad de los estudiantes preuniversitarios, menores de edad, declaren consumir alcohol en locales como bares o pubs. Esto refuerza la necesidad de reforzar el cumplimiento de la legislación respecto a la venta de alcohol en menores”, concluyen.

--------

A POLICÍA AUTONÓMICA LEVANTA 15 ACTAS DE INFRACCIÓN EN 116 INSPECCIÓNS POR CONSUMO DE ALCOHOL E DROGAS EN MENORES

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega.

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 116 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 13 concellos galegos entre o 23 e o 29 de decembro de 2019. Nestes controis identificáronse a 41 persoas e levantáronse 15 actas de infracción. 

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago nesta pasada semana realizáronse 25 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de Ames, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Xinzo de Limia, Baiona, Marín, Moaña, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 41 persoas e inspeccionadas 116 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 15 actas de infracción: 1 por consumo de alcohol, 10 por venda de alcohol e 4 por consumo de alcohol e tabaco.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.



Arranca por fin la PLISAN con adjudicación de 5 primeras parcelas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron esta mañá o acto de formalización do contrato coas tres empresas beneficiarias.
Como resultado da poxa pública convocada o pasado verán, case 69.000 metros cadrados da plataforma de Salvaterra-As Neves foron adxudicados en dereito de superficie con opción de compra por un período inicial de 30 anos.
Vázquez Mejuto subliña a aposta do Goberno autonómico por activar un proxecto clave para Galicia e cita como exemplo a recente licitación das obras de urbanización da segunda fase da zona loxístico-empresarial.
Francisco Conde salienta que a Plisan está chamada a convertese no maior parque empresarial do noroeste peninsular e actuar como reclamo para grandes proxectos.

A XUNTA DÁLLE UN PULO DEFINITIVO 
Á PLISAN COA SINATURA DA ADXUDICACIÓN 
DAS CINCO PRIMEIRAS PARCELAS DE SOLO EMPRESARIAL

O asentamento das primeiras empresas na Plataforma Loxística e Empresarial de Salvaterra-As Neves está xa un pouco máis cerca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron esta mañá en Vigo o acto de sinatura da adxudicación de cinco parcelas na Plisan, as primeiras que se asignan dentro desta gran área empresarial.

Dos case 69.000 metros cadrados adxudicados hoxe, preto de 63.000, correspondentes a tres parcelas distintas, foron asignados á conserveira Hijos de Carlos Albo; outros 3.325 metros correspondéronlle á empresa Vallejo Low Cost; e os 2.570 restantes, ao Grupo Tecnológico Arbinova. En todos os casos, a superficie foi adxudicada en dereito de superficie, unha modalidade que lle permite aos beneficiarios acceder a solo empresarial pagando cada ano unha pequena cantidade e lles facilita así o financiamento do proceso de instalación e inicio da actividade.

O dereito de superficie concédese por un período inicial de 30 anos, aínda que pode estenderse ata un máximo de 60 mediante sucesivas prórrogas. Durante a súa vixencia, as empresas terán que abonar un canon anual equivalente ao 1,5 por cento do prezo da parcela durante os dous primeiros anos, do 2,5 por cento no terceiro e cuarto anos e do 3,5 por certo do prezo a partir da quinta anualidade. Outra das vantaxes para as empresas que acceden a unha parcela en dereito de superficie é que, se o desexan, tamén poden adquirir a súa propiedade, aínda que o prezo de venda variará dependendo do momento en que se faga a adquisición.

Coa formalización destas adxudicacións, como lembrou a conselleira Ángeles Vázquez, dáselle un pulo definitivo á Plisan, un proxecto empresarial estratéxico para o sur da comunidade que continúa avanzando co fin de “facer crecer o emprego e a industria galega” arredor da cidade de Vigo. Nesta liña, subliñou a gran oportunidade que supón esta nova plataforma empresarial para o conxunto de Galicia e por iso insistiu en que a Xunta seguirá traballando arreo, como fixo ata o de agora, para que se poida iniciar canto antes o asentamento empresarial nesta zona.

Así, lembrou que nestes momentos a Xunta está executando na Plisan as obras de urbanización da primeira fase da zona Loxístico Empresarial (LE), da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e da estación de tratamento de auga potable (ETAP) e acaban de licitarse as obras de urbanización da segunda fase da LE, na que, precisamente, se emprazan parte das parcelas adxudicadas.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou que a Plisan está chamada a convertese no maior parque empresarial do noroeste peninsular, o que permitirá garantir a competitividade do tecido empresarial galego. Así, será un reclamo para atraer grandes proxectos empresariais xa que as adxudicacións representan, nestes momentos, o 20% da superficie total dispoñible.

Entre as empresas que se instalarán, puxo como exemplo a aposta de Albo -un referente na industria conserveira, propiedade da chinesa Shangai Kaichuang- que investirá 25M€ nas súas instalacións na Plisan permitindo reforzar os lazos comerciais de China e Galicia.

Conde tamén se referiu á Lei de implantación empresarial, impulsada pola Xunta, que está permitindo a chegada de novas empresas grazas ás facilidades que ofrece para acceder ao solo empresarial, pero tamén para axilizar a tramitación e obter bonificacións fiscais. Neste sentido, avogou pola colaboración municipal sumándose á iniciativa dos Concellos Emprendedores.


Incrementa los fondos la Xunta para ayudas por hijos menores de tres años

A Xunta de Galicia incrementa os fondos para conceder a 1713 familias a prestación económica por fillas e fillos menores de tres anos. O Goberno galego acada os 2,1 millóns de euros para achegar esta axuda a todas aquelas persoas que o solicitaron e compren os requisitos da orde. Hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) fai pública esta ampliación.

A Administración autonómica destinou nun crédito inicial 2 millóns de euros ao pagamento destas prestacións. Agora amplía en preto de 100.000 euros para atender a todas as solicitudes que compren coas bases da convocatoria. A prestación consiste nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos. 

Son beneficiarias desta axuda económica directa aquelas persoas que teñan ao seu cargo nenas ou nenos menores de 3 anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 (ambos os dous días incluídos). Os nenos e nenas nados desde o 1 de xaneiro de 2018 reciben unha prestación similar a través da Tarxeta Benvida. Tamén se require que ningún membro da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo IRPF no ano 2017, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. 

Ademais, son igualmente beneficiarias desta axuda as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución xudicial ou administrativa ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. E en todos os casos, as persoas proxenitoras deben ter a súa residencia habitual en Galicia e na data da solicitude, os nenos e nenas deben convivir coa persoa solicitante. 







Feijóo defenderá la unidad y la moderación en su mensaje de fin de año

A mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta será emitida pola TVG este martes, ás 14,15 horas, desde o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, centro onde estudou Feijóo e que leva o nome dun galego ilustre que traballou polo rexurdimento galego sen exclusións.
                        
FEIJÓO DEFENDERÁ A UNIDADE 
E A MODERACIÓN E POÑERÁ COMO EXEMPLO 
A ESTABILIDADE DE GALICIA COMO GARANTÍA 
DE BENESTAR E PROGRESO COLECTIVO.

Recordará o éxito de Galicia no último Informe Pisa no que a Comunidade situouse á cabeza das autonomías en Ciencias e nos primeiros postos en Matemáticas, e lembrará que este feito é mérito do profesorado, escolares, familias e sociedade.
Poñerá en valor a España das Autonomías, un sistema froito da etapa máis fecunda da historia do noso país e que é preciso reivindicar.
Argumentará que a inestabilidade só conduce á parálise política e, en consecuencia, ao atraso de decisións urxentes e importantes para as galegas e os galegos.
A piques de cumprirse 100 anos do primeiro número da revista Nós, reivindicará a mesma unidade que predicou a Xeración Nós ou o propio Eduardo Blanco Amor.
Apostará para a vindeira década, e ás portas do Xacobeo 2021, por unha Galicia moza, familiar, verde e innovadora: unha Galicia que sexa, máis que nunca, Galicia Calidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladará desde o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, onde el mesmo ocupou unha cadeira como alumno, unha mensaxe de Fin de Ano na que defenderá a unidade e a moderación e poñerá como exemplo a estabilidade de Galicia como garantía de benestar e progreso colectivo.

Aproveitando o escenario que ofrecen as aulas para reflexionar, Feijóo defenderá que os centros educativos son garantía de que o éxito colectivo da nosa Comunidade proseguirá no futuro. Neste sentido, recordará o éxito de Galicia no último Informe Pisa no que a nosa Comunidade situouse á cabeza das autonomías españolas en Ciencias e nos primeiros postos en Matemáticas, e lembrará que este feito é mérito do profesorado, escolares, familias e sociedade. Sobre este mesmo punto, garantirá o compromiso da Xunta para seguir dotando o Sistema Educativo galego non só de ferramentas pedagóxicas senón tamén valores como a tolerancia, que forma parte da nosa maneira de ser e que axudará aos nosos e mozos e mozas a desenvolverse mellor nun mundo que lles pertence. 

Debido á súa importancia para o futuro de Galicia e de España, o titular do Goberno galego poñerá en valor a estabilidade da nosa autonomía –esencial para o benestar dos cidadáns– e remitirase aos feitos acontecidos nos últimos tempos para demostrar que a inestabilidade só conduce á parálise política e, en consecuencia, ao atraso de decisións urxentes e importantes para as galegas e os galegos, como o AVE ou o sector industrial.

Neste sentido, o presidente da Xunta erixirá Galicia nun pobo reivindicativo, é dicir, consciente dos seus dereitos pero tamén dos seus deberes. Por iso, reclamará unha vez máis os recursos que lle pertencen a Galicia e que seguen retidos por parte da Administración central e, ao mesmo tempo, subliñará a necesidade de defender a España das Autonomías, un sistema froito da etapa máis fecunda da historia do noso país e que, por iso, é preciso reivindicar. 

Nesta mesma liña, Feijóo reivindicará a mesma unidade que predicaron o propio Eduardo Blanco Amor ou a Xeración Nós, que o ano que entra celebra o seu centenario. En concreto, salientará que o seu pensamento integrador está hoxe máis vixente que nunca, sobre todo fronte a tendencias que pretenden fraccionar as sociedades.

Por iso, reclamará que xuntos somos máis fortes, xa que a unión dun pobo chega con máis intensidade aos colectivos que padecen situacións difíciles, como os traballadores das industrias golpeadas por decisións ou indecisións de índole política, as persoas enfermas ou as mulleres que sofren calquera tipo de violencia machista.

Así pois, Feijóo cualificará Galicia como unha comunidade que quere seguir camiñando unida sen deixar a ninguén atrás e, neste sentido, apostará para a vindeira década, e ás portas do Xacobeo 2021, por unha Galicia moza, familiar, verde e innovadora: unha Galicia que sexa, máis que nunca, Galicia Calidade.




domingo

Marta Ren y la formidable Orquesta de Jazz de Matosinhos encantan en "Os Aliados"

Pedro Guedes es un tipo genial. El maestro, director, alma máter (llámale como quieras) de la Orquesta de Jazz de Matosinhos, ha logrado consolidar un elenco brillantísimo, con músicos de primerísimos nivel, especializados, además, en un tipo de música vibrante, formidable siempre... a la que es muy difícil que un aficionado de verdad pueda sustraerse ni un solo instante.

Vaya esto anterior de entrada, a la hora de hablar de lo que vimos y oímos, en la noche del último sábado de diciembre de 2019, en la no menos formidable Plaza/Avenida dos Aliados, en pleno corazón de la magnífica ciudad lusitana de Porto.
Creada en 1999 con el apoyo de la Câmara de Matosinhos, la OJM en la práctica ha acabado por convertirse, por excelencia, en la Orquesta Nacional de Jazz de Portugal.
Su digamos política de intercalar su gran ambición y proyección internacional con el ejercicio de su responsabilidad -incluso educadora- a nivel local, nos parece excelente.
Esta OJM ha invertido de forma continuada en proyectos artísticos diversificados, proyectos formativos instalados en una admirable coherencia y, cómo no, igualmente en la edición discogràfica del Jazz portugués.
Hoy, en Portugal, siguiendo la estela de la OJM ha surgido algunas orquestas de Jazz similares, de excelente nivel por lo que hemos seguido de cerca, pero ninguna, desde luego, como ese elenco maravilloso que dirige Pedro Guedes con tanto acierto. Y este sábado, en la ciudad de Porto, tuvimos ocasión, una vez más, de disfrutar de la mejor orquesta de Jazz de Portugal, que muy poco, quien sabe si nada, tiene que envidiar a las mejores del plano internacional
A antecipar a noite da Passagem de Ano no Porto, a cidade despediu-se de 2019 com um espetáculo especial de outra das suas vozes. Marta Ren regressou aos Aliados este 28 de dezembro para inaugurar mais um ciclo de "Concertos na Avenida" e concretizar um sonho antigo: cantar as suas músicas acompanhadas de uma orquestra. E nâo foi uma orquestra qualquer...Surgiu assim este feliz e improvável encontro, com Marta Ren a convidar a Orquestra Jazz de Matosinhos para a reinterpretação do seu primeiro disco a solo, "Stop, Look, Listen". E nâo so...Editado em março de 2016, pela editora italiana Record Kicks, o álbum é uma espécie de bilhete de identidade musical da portuense, mergulhando nos anos dourados da soul e do funk. E isso foi ao que assistimos com grande prazer.Com mais de 20 anos de carreira e um crescente reconhecimento internacional, a ainda jovem Marta Ren é hoje um dos nomes maiores da soul nacional português. Neste último sábado do ano, dia 28 de dezembro, a partir das 22 horas, foi parar, olhar e ouvir!. 
Fue esta Orquesta de Jazz de Matosinhos la que se presentó al completo, y en un momento de forma impresionante, a las diez en punto de la noche sabatina, en "Os Aliados", en Porto, delante de miles de personas en la plaza congregadas, para ofrecernos un excelente concierto, fusionados en sus interpretaciones, con la actuación de la cantante también originaria del Grande Porto, Marta Ren. Fue un soberbio espectáculo de Jazz, soul, funk&roll...un derroche de energias, calidad interpretativa, arranques geniales, solos... que derritieron el sino gélido, bastante frío ambiente meteorológico que a esas horas sabatinas se hacía sentir. La gente se lo pasó en grande.


Eugénio Eiroa & Cacilda Maceira

Más sobre la música de Marte Ren, aquí

Marta Ren en plena actuación.

Llenazo en "Os Aliados"

Momentos muy especiales con la OJM, anoche en la Plaza/Avenida dos Aliados, en Porto

Cantante y Orquesta, una fusión por momentos perfecta. 
Unos de los solos geniales a los que nos tiene habituados la Orquesta de Jazz de Matosinhos

Primer plano : Marta Ren. A su lado casi, a la derecha, el genial maestro Pedro Guedes
(Imágenes de Ágora, Cultura e Desporto do Porto, con la debida venia)

Braga : compadreo con jugadores fiesteros aceleró el cese de Sá Pinto

Sporting Clube de Braga ha estrenado nueva etapa en su plantel técnico, con el relevo esta semana del entrenador hasta ahora, Ricardo Sá Pinto, por el ex jugador del Braga y Benfica, Rubén Amorim. La etapa Amorim arrancaba este viernes con un primer entrenamiento al que seguirán otros para preparar estos días el desplazamiento al estadio de Jamor, en un partido vital ante Belenenses, que para el Braga es necesario ganar si quiere remontar en la tabla cara a ocupar al final de Liga un puesto con derecho a acceder a la Europa League.

El distanciamiento entre el presidente del Braga, António Salvador, y el entrenador fulminantemente cesado, Sá Pinto, subió de tono con una discusión en vísperas del partido de Copa, en Lisboa, contra el Benfica. La directiva del Braga habría detectado la presencia de dos jugadores (Galeno y Diogo Viana) en un local nocturno de diversión, en días previos a este partido. El entrenador, en este asunto (y parece que no sería la primera vez) miró para otro lado y pretendió incluso convocar para jugar el partido tan decisivo de Copa, a los dos fiesteros, según refirió con enorme destaque el periódico Correio da Manhá... Enterado del asunto, el presidente Salvador mostraría su indignación porque el técnico no pusiese firmes a quienes correspondía, presuntamente exigiendo a Sá Pinto que apartase a esos dos jugadores de la convocatoria... no solo del partido de Copa ante Benfica, sino también el siguiente ante Paços de Ferreira (Taça da Liga), como así se acabó produciendo, si bien alguien desde el club dio entender que estaban lesionados (para tratar de no agriar más el ambiente). 
Lo cierto es que el futbolista Galeno anda a vueltas con una preparación específica tras la Navidad, con ayuda de un tratador, al alegar dolores en una de sus piernas...
Pero el "affaire noitada" acabó por ser junto a los malos resultados que el equipo obtenía en la Liga, determinante para el cese final en su cargo de Ricardo Sá Pinto que tras el match de la Taça de la Liga se produjo. Así se revela en un informe avanzando en su edición de este sábado, con fuerte llamada en portada, por el Correio da Manhá.
Ahora, Sá Pinto ya es historia y Ruben Amorim, lo primero que va a implantar es orden y disciplina en un vestuario donde parece que, según algunas fuentes, habría un cierto compadreo entre el hasta ahora entrenador y algunos de sus jugadores. 


Correio da Manhé reveló la historia final
del cese fulminante de Sá Pinto

Por tercer año consecutivo crecen las asistencias a las touradas en Portugal

O jornal "Correio da Manhã" dedica na sua edição de hoje a primeira página da secção "Cultura & Espectáculos", também com chamada de primeira página, à Tauromaquia e em particular ao facto de, segundo dados da Inspecção-Geral das Actividades Culturais, pelo terceiro ano consecutivo, as touradas em Potugal terem tido mais espectadores nas praças: 383.900 pessoas em 2019, mais 4.900 que no ano anterior.
Para o "Correio da Manhá", as corridas de toiros "continuam a ser o espectáculo mais popular". O relatório da IGAC aponta os concelhos de Albufeira e Lisboa como aqueles em que se realizaram mais espectáculos tauromáquicos, 20 e 12 respectivamente. A praça do Campo Pequeno foi o recinto que mais espectadores recebeu, quase 50 mil. Em segundo lugar ficou a Monumental de Santarémcom 25.737, tendo sido esta a praça que registou o maior número médio de espectadores por espectáculo, cerca de 8.500. E em terceiro ficou a praça de Vila Franca de Xira com 20.976 espectadores.
Em termos de artistas e segundo ainda os dados da IGACAntónio Ribeiro Telles foi o que mais vezes toureou (32), seguido por Luis Rouxinol (29), Luis Rouxinol Jr. (28) e Francisco Palha (26). Joaquim Brito Paes foi o cavaleiro praticante (sem alternativa) que mais actuou (13 vezes) e no que aos matadores de toiros diz respeito, Manuel Dias Gomes liderou em 2019 com 9 actuações.