Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Marín. Un sillón no balcón... da ría

Un sillón no balcón... da ría
Porque, indiscutiblemente, o Monte Pituco é o ‘balcón da ría’ ―lema acuñado polo ex-dirixente veciñal Xan Montenegro―, alguén decidiu
que a arboreda do Pituco, en Marín, é un bo lugar onde descansar para gozar do solpor, da néboa ou do que depare a meteoroloxía. Por iso, dende hai uns días, un sillón ofrece repouso e comodidade a quen desexe contemplar as vistas da ría e da illa de Tambo dende este enclave privilexiado, nunha das zonas de acceso ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

A Asociación Monte Pituco aproveita esta iniciativa anónima e espontánea para volver reivindicar medidas urxentes para a mellora desta arboreda situada en monte comunal, que presenta un aspecto descoidado malia ser o punto de encontro de rutas de sendeirismo, de familias que a utilizan como
merendeiro e da veciñanza dos núcleos de poboación próximos que se reúne nela.

Así, son moitas as deficiencias que presenta esta arboreda:
o volume e a densidade de vexetación pola falta de mantemento e de limpeza da
contorna, así como a ausencia dun valado perimetral que evite caídas
accidentais polo desnivel do terreo teñen sido algunhas das necesidades
expostas repetidamente pola Asociación Monte Pituco. A isto engádese o perigo
de desprendemento dalgunhas pólas das árbores danadas polos últimos temporais,
os desperfectos nos bancos de pedra provocados por actos de vandalismo, e o
feísmo que representan uns antiestéticos surtidores de auga, feitos de
formigón, que ademais están desprovistos de billas.

A última agresión detectada é un verquido de terra realizado
nun extremo do recinto e apisoado mecanicamente. A terra depositada presenta
numerosos restos de plásticos, anacos de entullo e outros residuos, polo que se
trata dunha medida medioambientalmente cuestionable, se non mesmo perxudicial.

A pesar destas eivas, a arboreda do Monte Pituco goza dunha
crecente simpatía social, que apreza o seu valor natural e paisaxístico, polo
que cómpre dotala das atencións e dos servizos necesarios que melloren a súa
imaxe.


Ad Code

Responsive Advertisement