Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP reclama unha senda peonil para unir a Capela dos Remedios con Ribadetea e Padróns, en Ponteareas

O Partido Popular reclama unha senda peonil para a unir a Capela Remedios (na N120) coas parroquias de Ribadetea e Padróns, en Ponteareas. Un tramo de aproximadamente 12 quilómetros pola que transcorre a estrada provincial EP-2703 entre Ponteareas e Pazos, e na que os veciños levan tempo reclamando que se constrúa unha senda peonil paralela que garanta seguridade.

Así o anunciaron o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, e os deputados Miguel Domínguez e Alejandro Lorenzo, nunha reunión coa portavoz local do partido, Belén Villar, e veciños das dúas parroquias. Cubela explicou que trasladarán esta reclamación veciñal e do PP local para propoñer que a Deputación de Pontevedra actúe nestas parroquias e mellore a seguridade nunha estrada que cruza por moitos núcleos de poboación e que é utilizada a diario por moitos veciños da zona.

Cubela recordou que “ademais de ser a titular desta estrada, a Deputación ten como misión apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia. Os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños destes concellos”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement