A Comisión Europea financia a posta en marcha dun observatorio hispano-luso contra a desinformación, informa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Un total de 23 entidades españolas e portuguesas, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, poñen en marcha o proxecto Iberifier, que a Comisión Europea vén de financiar con 1,47 millóns de euros. O observartorio, liderado pola Universidad de Navarra, ten entre os seus obxectivos a detección e desmentido da información no territorio ibérico e o fomento da alfabetización mediática para combatela.
O observatorio Iberifier, un proxecto creado por 23 organizacións españolas e portuguesas para investigar os medios dixitais e monitorizar as ameazas á información e as fake news, vén de ser avalado pola Comisión Europea (CE), que o financiará con 1,47 millóns de euros. Iberifier converterase así nun dos oito ‘hubs’ rexionais que formarán parte do European Digital Media Observatory da CE.
O proxecto de Iberifier está liderado polo investigador Ramón Salaverría da Universidad de Navarra e está integrado por doce centros universitarios, entre os que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, cinco organizacións de verificación e axencias de noticias, e outros seis centros de investigación multidisciplinar. O observatorio centrará o seu labor en cinco liñas de traballo: a investigación sobre as características e tendencias do ecosistema ibérico dos medios dixitais, o desenvolvemento de tecnoloxías computacionais para a detección temperá da desinformación, a verificación e desmentido da desinformación no territorio ibérico, a realización de informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación, e a posta en marcha de iniciativas de alfabetización mediática.
Da iniciativa van participar até 70 investigadores, especializados en áreas como a comunicación dixital, as ciencias da computación e datos e o análise estratéxico. Ademais das universidades xa citadas, forman parte de Iberifier o Instituto Universitário de Lisboa - ISCTE, a Universidad de Granada, a Universidad Carlos III de Madrid, a Universitat Politècnica de València, a Universidad Politécnica de Madrid, a Universidad Miguel Hernández de Elche, a Universitat de València, a Universidade de Aveiro, a Fundación Universitaria San Pablo CEU e a Universidad Rey Juan Carlos. Os fact-checkers e axencias de noticias que integran o observatorio son Maldita.es, EFE, Verifica, Verificat, Polígrafo e Lusa. Completan a lista de participantes o Real Instituto Elcano, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, o Barcelona Supercomputing Center, o Centro Protocolar de Formação Profissional para Jornalistas, o OberCom e a Associação Literacia Para os Media e Jornalismo.
Ademais de Iberifier, a Comisión Europea recoñeceu outros sete observatorios: o Ireland Hub, da Dublin City University (Irlanda); o EDMO BE/NL, do Stichting Nederlands Institute voor Beeld en Geluid (Países Baixos); o Central European Digital Media Observatory (CEDMO), da Univerzita Karlova (República Checa); o NORDIS, da Aarhus Universitet (Dinamarca), o EDMO BELUCOX, da Vrije Universiteit Brussel (Bélxica); o DE FACTO Observatory of Information, da Fondation Nationale des Sciences Politiques (Francia); e o Italian Digital Media Observatory; da Luiss Libera Università Internazionale degli Studi Sociali Guido Carli (Italia).
POPULAR-desc:Trending now:
-
El Instituto Geográfico Nacional ha confeccionado un mapa actualizado y muy detallado de las redes ferroviarias peninsulares. Les ofrecemos ...
SEARCH
SECTIONS
- -A EURORREGIÂO
- -CORTOS Y DIRECTOS
- -EL OCIO-TURISMO
- -FRONTERAS
- -LA CULTURA
- -LA EURORREGIÓN
- -LA VIDA
- -Las Cosas de la Vida
- -LAS OPINIONES
- -LAS PERSONAS
- -LOS DEPORTES
- -m
- -MAIS PORTUGAL
- -MÁS ESPAÑA
- -Ocio/Deportes/Espectáculos
- -PORTADA
- -PORTADA)
- -Y ADEMÁS...
- + GALICIA
- 1-EURORREGIÓN
- 10-OCIO-ESPECTACULOS
- 11-PORTUGAL TAMBIÉN
- 12-ESPAÑA TAMBIÉN
- 13-MÁS DE PORTADA
- 2-GALICIA
- 3-PORTUGAL
- 4-LAS COSAS DE LA VIDA
- 5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA
- 5-OPINIÓN
- 6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS
- 7-MÁS EURORREGIÓN
- 8-EL ÚLTIMO PARTE
- CAJÓN DE SASTRE
- CLAVE INFORMATIVA
- CORONAVIRUS
- CORTOS Y LARGOS
- CUADERNO FINAL
- CULTURA Y ESPECTÁCULOS
- CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA
- DEPORTES
- EL ÚLTIMO PARTE
- ESPAÑA
- ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES
- EURORREGIÂO
- EURORREGIÓN
- EURORREXIÓN
- FERROCARRIL
- GALICIA
- GALICIA SUR
- GRANDE REPORTAGEM
- INTERNACIONAL
- LA MIRILLA
- LAS COSAS DE LA VIDA
- LOS DEPORTES
- MAIS PORTUGAL
- MÁS ESPAÑA
- MÁS GALICIA
- MASS-MEDIA
- Medios de Comunicación
- OCIO
- OCIO-ESPECTÁCULOS
- OCIO-TURISMO
- OPINION
- OTRA PORTADA
- PIE DE FOTO
- PONTEVEDRA
- PORTADA
- PORTUGAL
- PORTUGAL NORTE
- PRIMER CUADERNO
- PROVINCIA
- PUNTOS DE VISTA
- REPORTAJES
- REPORTAJES-ARTÍCULOS
- RETRATOS
- SPORTING DE BRAGA
- TAUROMAQUIA
- VIGO
LATEST
3-latest-65px
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.