Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Más ayudas del Plan Concellos de Deputación

A  Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento por preto de medio millón de euros (486.654€) no marco da Liña 1 do Plan Concellos 2021, co que os municipios de Arbo, Cambados, A Illa de Arousa e Forcarei poderán financiar a mellora da infraestrutura viaria e de equipamentos municipais. 

En concreto, con esta nova dotación de recursos, o concello de Arbo poderá acometer as obras de mellora de dous camiños públicos  do viario municipal en Cequeliños, cunha achega da institución provincial de 89.768 euros. As actuacións consistirán na mellora e ensanche destes camiños, así como a mellora do drenaxe.


Cambados recibirá unha achega de 119.528 euros para abordar a remodelación da praza da Xuventude, situada no centro da vila. Esta actuación responde á necesidade de reparar as filtracións de auga que afectan á primeira planta do aparcadoiro situado baixo a praza, producidas debido á ineficaz impermeabilización. Así mesmo, o concello de Forcarei percibirá unha achega de 89.166€ para acometer a mellora do camiño de acceso a parcelas en Rabadeiras, na parroquia de Santa María de Dúas Igrexas, dun total de 2,1 quilómetros. 


Por último, A Illa de Arousa recibirá dúas achegas, a primeira de 120.000€ para a mellora do illamento do pavillón deportivo e outra por 68.190€ para a mellora do mobiliario dos xogos dos parques infantís das Laxes, Monte e Cabodeiro.  No primeiro caso, acometerase a impermeabilización das fachadas e cambio de carpintería exterior do pavillón, así como a revisión da cuberta para evitar a filtración de auga. E no que atinxe aos parques infantís, teñen unha antigüidade de media superior aos 17 anos e aínda que se fixeron reparacións ao longo dos anos, presentan un deterioro que, segundo o proxecto, fai obrigada a súa renovación. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement