Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Partida de 769.000 euros coa que os concellos da Lama, Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario conseguirán un aforro enerxético estimado do 77%

A Deputación de Pontevedra vén recibir unha nova achega do IDAE para a mellora e eficiencia enerxética en outros cinco concellos da provincia. Trátase dunha partida de 769.000 euros coa que os concellos da Lama, Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario conseguirán un aforro enerxético estimado do 77%.

Máis polo miúdo, grazas a estes recursos A Lama (114.733 euros), Marín (195.928 euros), Mondariz-Balneario (130.568 euros), Meaño (168.195 euros) e Meis (159.570 euros) verán renovado o seu alumeado exterior mediante a substitución de 1.674 luminarias das máis de 13.400 existentes. Ademais, estes concellos contarán con 48 novas unidades con tecnoloxía LED, máis respectuosa co medio ambiente, que disporán dun sistema que axusta o nivel de iluminación en consonancia cos diferentes horarios e tipos de vías. Doutra banda, tamén se substituirán 44 dos case 400 cadros de mando existentes.

Con esta inversión, a Deputación de Pontevedra segue a apostar por unha enerxía non contaminante en liña co seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Compre lembrar que hai menos dun mes o ente provincial anunciou unha achega do IDAE de case 745.000 euros para estender a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética aos concellos de Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement