Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Museo Arabo recibe un año más el distintivo "Sicted"

Celebrouse a I GALA DE CALIDADE TURÍSTICA NO DESTINO SICTED CONDADO PARADANTA, evento donde se entregou un ano máis o distintivo SICTED ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, un distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos túristicos.
Acto ao que asistiu o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, donde este último recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde.

O centro de Interpretación do Viño e a Lamprea "Arabo" leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006. O distintivo é o soporte que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metodoloxía e recoñece o esforzo e compromiso de calidade e a mellora continua, a vez que distingue o establecemento frente a competencia; informou o alcalde, Horacio Gil.

O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea "Arabo" é unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos, a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

No ano 2020 mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do "Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionado de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografías, grafismos e contidos interactivos e redacción de novos textos.

O Museo Arabo alberga un espazo cunha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea tería lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello, en organización a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea"; con esta exposición permanente mostrase o traballo realizado e a importancia desta xornada festiva, así como, tamén é o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Arbo proporciona.

Según refere o rexedor, Horacio Gil, o municipio de Arbo, permite aos visitantes disfrutar dunha excelente enogastronomía, e a súa vez ofrece cultura, patrimonio e magnificos paisaxes. Arbo, cada vez, é un destino máis demandado polo público en xeral.

Na foto de Anxo Gutiérrez, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement