Continúa la fuerte polémica en Poio sobre el préstamo solicitado por el trigobierno
O PP explica que todas as actuacións coas que pretende xustificar o Tripartito o préstamo xa podían estar feitas e pagadas sen necesidade de endebedarse.
· O voceiro popular Ángel Moldes explica no Pleno deste martes que “todas as actuacións coas que pretende xustificar o préstamo o Tripartito xa podían estar feitas e pagadas sen necesidade de endebedarse”.
· "Outros Concellos, por exemplo, fixeron modificacións de crédito de partidas das festas que non se celebraron pola COVID para pagar obras e investimentos e en Poio a maioría dos cartos foron para pagar facturas que estaban no caixón por non pagalas en tempo e forma".
· Os populares indican que "só coa partida de festas do ano 2020 e 2021 xa tiña o Tripartito máis de 1 millón de euros e podían pagar a cuberta das pistas de Raxó e pagar o novo parque infantil que prometen".
· «Son moitos os concellos que utilizan o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para comprar tractores ou outros vehículos e en Poio podíase facer o mesmo e evitar pedir un crédito de 300.000€ para comprar unha carroceta con grúa».
· "Desde Partido Popular estamos de acordo coa maioría das obras que propoñe o Tripartito pero non compartimos que se financien unicamente con débeda, hipotecando 4 corporacións e gobernos futuros e aos veciños de Poio ata 2040".
· «En menos de dous anos, o Tripartito, pediu máis de catro millóns de euros e elevaron a débeda ata aos 9 millóns de euro polo que queda claro que a única xestión que entende o tripartito é a de subir impostos e pedir prestamos».

Publicar un comentario