Los Populares de Caldas de Reis acusan aos socialistas galegos de reivindicar as marabillas do termalismo nunha poza artificial de auga non termal e requentada
O Partido Popular critica que os deputados autonómicos do PSOE elixisen as pozas da Tafona de Caldas para promocionar o turismo termal cando son, xustamente, o contrario do que é o termalismo. Para o voceiro dos populares en Caldas, Fernando Pérez, “tendo en conta a importancia que ten o termalismo para o noso concello e para Galicia, é un insulto que precisamente elixan unhas pozas que aínda non están rematadas e son un fraude, o que demostra o descoñecemento absoluto dos deputados autonómicos do PSOE ou ben que queren estafar promocionando unha poza que non ten auga termal”.
Polo tanto, para os populares “o ridículo dos socialistas galegos é espantoso, xa que reivindican as marabillas da auga termal nunha poza que usa auga non termal e requentada. Unha auténtica chapozas que vai contra os intereses da nosa vila e da calidade do noso termalismo”.
O voceiro popular recorda que en Caldas, “desgraciadamente”, non hai ningún manancial de titularidade pública, como así o indican reiteradas sentenzas xudiciais. O único que existe é un convenio asinado entre o Concello de Caldas e un dos balnearios privados a principios do século XX, a través do que cede auga termal para a fonte pública. “Como o convenio di exactamente que a auga é para a fonte pública e non para as pozas, o que fai o alcalde é captar a auga xa usada da burga nun depósito, auga sucia, utilizada e, polo tanto, que xa non é termal nin cumpre coas medidas sanitarias. Esta auga se bombea ata as pozas e alí se requenta”, explica.
Desde o PP de Caldas coinciden en que é fundamental promocionar o termalismo, pero o termalismo real. “Non unhas pozas artificiais, un proxecto faraónico que leva en construción máis de dez anos e no que se leva gastado máis de un millón de euros, pero que ademais non ten auga termal. A auga que usa é reutilizada e sucia da burga”. Ademais, "así o advirten tamén desde as Conselleríasde Sanidade e Industria, xa que ao non haber control sanitario, esa auga utilizada da fonte xa non é termal", concluen os populares.
POPULAR-desc:Trending now:
-
El Instituto Geográfico Nacional ha confeccionado un mapa actualizado y muy detallado de las redes ferroviarias peninsulares. Les ofrecemos ...
SEARCH
SECTIONS
- -A EURORREGIÂO
- -CORTOS Y DIRECTOS
- -EL OCIO-TURISMO
- -FRONTERAS
- -LA CULTURA
- -LA EURORREGIÓN
- -LA VIDA
- -Las Cosas de la Vida
- -LAS OPINIONES
- -LAS PERSONAS
- -LOS DEPORTES
- -m
- -MAIS PORTUGAL
- -MÁS ESPAÑA
- -Ocio/Deportes/Espectáculos
- -PORTADA
- -PORTADA)
- -Y ADEMÁS...
- + GALICIA
- 1-EURORREGIÓN
- 10-OCIO-ESPECTACULOS
- 11-PORTUGAL TAMBIÉN
- 12-ESPAÑA TAMBIÉN
- 13-MÁS DE PORTADA
- 2-GALICIA
- 3-PORTUGAL
- 4-LAS COSAS DE LA VIDA
- 5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA
- 5-OPINIÓN
- 6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS
- 7-MÁS EURORREGIÓN
- 8-EL ÚLTIMO PARTE
- CAJÓN DE SASTRE
- CLAVE INFORMATIVA
- CORONAVIRUS
- CORTOS Y LARGOS
- CUADERNO FINAL
- CULTURA Y ESPECTÁCULOS
- CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA
- DEPORTES
- EL ÚLTIMO PARTE
- ESPAÑA
- ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES
- EURORREGIÂO
- EURORREGIÓN
- EURORREXIÓN
- FERROCARRIL
- GALICIA
- GALICIA SUR
- GRANDE REPORTAGEM
- INTERNACIONAL
- LA MIRILLA
- LAS COSAS DE LA VIDA
- LOS DEPORTES
- MAIS PORTUGAL
- MÁS ESPAÑA
- MÁS GALICIA
- MASS-MEDIA
- Medios de Comunicación
- OCIO
- OCIO-ESPECTÁCULOS
- OCIO-TURISMO
- OPINION
- OTRA PORTADA
- PIE DE FOTO
- PONTEVEDRA
- PORTADA
- PORTUGAL
- PORTUGAL NORTE
- PRIMER CUADERNO
- PROVINCIA
- PUNTOS DE VISTA
- REPORTAJES
- REPORTAJES-ARTÍCULOS
- RETRATOS
- SPORTING DE BRAGA
- TAUROMAQUIA
- VIGO
LATEST
3-latest-65px
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.