Analizar as oportunidades de negocio que poden ofrecer os contornos rurais, non só con actividades tradicionais senón coas derivadas das novas necesidades e demandas vencelladas á sustentabilidade, a calidade de vida ou o repoboamento, é o obxectivo do webinario que organizan os viveiros de empresas de Barro e Lalín da Deputación de Pontevedra e a Fundación Incyde, e que se celebrará en streaming o vindeiro 21 de abril, ás 18.30 horas. A encargada de impartir esta charla, que está dirixida tanto a viveiristas, empresas, profesionais, persoas emprendedoras e público interesado, é a consultora empresarial e directora de proxectos de creación da citada fundación, Maribel Pérez.
As persoas interesadas xa poden anotarse para asistir a este webinario desde o formulario dispoñible na páxina web da institución provincial (https://www.depo.gal/-/oportunidades-de-negocio-en-contornos-rurais). O punto de partida desta acción formativa está no pulo que está a tomar nos últimos tempos o rural como nicho de negocio e, neste senso, a charla afondará nos cambios producidos nos hábitos de consumo e nos ámbitos social e económico e en coñecer como poden aproveitarse para poñer en marcha novas iniciativas empresariais.
Máis polo miúdo, concretaranse posibles nichos de mercado e as oportunidades que estes cambios crean no territorio: economía sustentable, dixitalización, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), saber tradicional, produto local, igualdade de oportunidades, asentamento de poboación feminina e da mocidade, entre outros. As persoas asistentes verán exemplos de como formular un DAFO para un enfoque dos nichos de mercado máis óptimos e coñecerán estratexias para levar a cabo modelos de negocio.
Amais de consultora e directora de proxectos de creación da Fundación Incyde, a relatora Maribel Pérez, forma parte da directiva de entidades de apoio ao desenvolvemento rural. Compaxina o seu traballo como consultora co de empresaria, dirixindo proxectos de diferentes tipos: comercio electrónico, construción ou aloxamento rural.
As persoas que desexen máis información sobre o evento poden escribir ao enderezo electrónico viveiro.lalin@depo.gal ou contactar cos teléfonos 886 217 360 e 686 540 897.
POPULAR-desc:Trending now:
-
El Instituto Geográfico Nacional ha confeccionado un mapa actualizado y muy detallado de las redes ferroviarias peninsulares. Les ofrecemos ...
SEARCH
SECTIONS
- -A EURORREGIÂO
- -CORTOS Y DIRECTOS
- -EL OCIO-TURISMO
- -FRONTERAS
- -LA CULTURA
- -LA EURORREGIÓN
- -LA VIDA
- -Las Cosas de la Vida
- -LAS OPINIONES
- -LAS PERSONAS
- -LOS DEPORTES
- -m
- -MAIS PORTUGAL
- -MÁS ESPAÑA
- -Ocio/Deportes/Espectáculos
- -PORTADA
- -PORTADA)
- -Y ADEMÁS...
- + GALICIA
- 1-EURORREGIÓN
- 10-OCIO-ESPECTACULOS
- 11-PORTUGAL TAMBIÉN
- 12-ESPAÑA TAMBIÉN
- 13-MÁS DE PORTADA
- 2-GALICIA
- 3-PORTUGAL
- 4-LAS COSAS DE LA VIDA
- 5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA
- 5-OPINIÓN
- 6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS
- 7-MÁS EURORREGIÓN
- 8-EL ÚLTIMO PARTE
- CAJÓN DE SASTRE
- CLAVE INFORMATIVA
- CORONAVIRUS
- CORTOS Y LARGOS
- CUADERNO FINAL
- CULTURA Y ESPECTÁCULOS
- CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA
- DEPORTES
- EL ÚLTIMO PARTE
- ESPAÑA
- ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES
- EURORREGIÂO
- EURORREGIÓN
- EURORREXIÓN
- FERROCARRIL
- GALICIA
- GALICIA SUR
- GRANDE REPORTAGEM
- INTERNACIONAL
- LA MIRILLA
- LAS COSAS DE LA VIDA
- LOS DEPORTES
- MAIS PORTUGAL
- MÁS ESPAÑA
- MÁS GALICIA
- MASS-MEDIA
- Medios de Comunicación
- OCIO
- OCIO-ESPECTÁCULOS
- OCIO-TURISMO
- OPINION
- OTRA PORTADA
- PIE DE FOTO
- PONTEVEDRA
- PORTADA
- PORTUGAL
- PORTUGAL NORTE
- PRIMER CUADERNO
- PROVINCIA
- PUNTOS DE VISTA
- REPORTAJES
- REPORTAJES-ARTÍCULOS
- RETRATOS
- SPORTING DE BRAGA
- TAUROMAQUIA
- VIGO
LATEST
3-latest-65px
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.