Atletismo) Castro e Iglesia proclámanse campións de Galicia de 10.000 metros
0
Comentarios
Soledad Castro Soliño do Comesaña Sporting Club cun tempo de 41:39.42 e Esteban Iglesia
do Lucus Caixa Rural Galega con 31:39.55 proclamáronse no día de hoxe
campións galegos absolutos do 10.000 m. na edición disputada nas pistas
de Noia de San Lázaro, que servirían para inaugurar a primeira edición
do Memorial Alejandro Gómez.
Do mesmo xeito tamén se disputou o Campionato de Galicia dos 5000 metros na categoría Sub18 e Sub20 correspondendo o triunfo en ambas categorías a Anxela Seoane do Ourense atletismo cun crono de 19:40.10 e a Antón Martínez da Atlética Lucense con 16:23.66 así como a Iker González da Atlética Lucense con 16:02.84 e a Cinthia Costas do C.A.Santiago con 21:36.95 respectivamente.
Durante o transcurso do campionato faríase entrega dunha placa aos familiares de Hipólito Rey, destacada e importante figura do atletismo local no concello de Noia que falecería recentemente, así como a entrega dun ramo de flores Paula Hernández, viúva de Alejandro Gómez, que quixo estar presente na primeira edición do memorial que leva o seu nome
Publicar un comentario