Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Poio) O PP pregunta ao Tripartito se vai colaborar no Rescate á Hostalería posto en marcha pola Xunta

· Varios concellos da zona, de todas as cores políticas, xa confirmaron que participarán na II Convocatoria do Plan de Rescate da Xunta ou concederon axudas directas a hostaleiros e outros negocios afectados pola covid, pero Poio “aínda non deu sinais de vida”, advirten os populares.

· O Primeiro Plan de Rescate da Xunta chegou a 188 beneficiarios de Poio e deixou máis de 320.000 euros no municipio. A segunda convocatoria, á que poden acollerse máis sectores e incluso negocios con pequenas débedas tributarias, xa está en marcha e poden sumarse outras administracións: “Moitas xa o están facendo, pero o Tripartito de Poio non parece estar pola labor”, explica Rocío Cochón

· “Cando o Tripartito aprobou o Orzamento xa advertimos que non incluían ningunha partida para dar axudas directas aos autónomos e pequenos empresarios que o están a pasar moi mal, como si fai a Xunta”, explica Cochón, que solicita coñecer se o goberno municipal ten pensado colaborar: “os veciños teñen dereito a saber que administracións se esforzan por axudar e cales nin están nin se lles espera”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement