En Pontevedra, a 4 de Marzo de 2021
“MULLERES DIVERSAS” VISIBILIZA
ÁS MULLERES CON DISCAPACIDADE NESTE 8M"
Un ano máis, o grupo de Mulleres Diversas queremos estar presentes este 8M, e seguir reivindicandoa igualdade para todas as persoas.
É por isto que desde o grupo deseñouse un pequeno vídeo no que se visibiliza a nosa realidade diaria, desde as barreiras que podemos atopar ao acudir a unha consulta xinecolóxica ata que nin se dirixan a nós para facernos calquera sinxela consulta.
As mulleres con discapacidade sufrimos unha dobre discriminación, polo feito de ser mulleres e ter discapacidade. De aí, que academos unha taxa superior de desemprego con respecto ás mulleres sen discapacidade, maior precariedade laboral (con contratos a tempo parcial). Sufrimos discriminación á hora de ser nais ou desfrutar da sexualidade con liberdade, de máis illamento social e somos en xeral, invisibilizadas socialmente.
Así pois, rematamos este vídeo con motivo do 8M, lanzando a mensaxe que as mulleres con discapacidade tamén somos mulleres!
mulleresdiversas@asociacionamizade.org
Marta García Outeda)