Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Mosquera aprovecha su presidencia y toma Ence a chacota : “deben ser non 5.000 senón 500.000 postos de traballo creados"

Este viernes, en que el Pleno de la Deputación de Pontevedra debía abordar la Ley de Cambio Climático y sus efectos para las industrias pontevedresas previsiblemente afectadas, tocó ejercer la presidencia al soberanista Mosquera, líder del BNG en la Deputación. Sabedor de que es imposible un traslado de la factoría de Ence a cualquier otro lugar de Galicia por el enorme coste que ello supondría (y que, desde luego, no van a financiar las Administraciones Públicas), Mosquera se instaló a pesar de ello en el recurrente argumento de un hipotético traslado, su rechazo a las manifestaciones de los obreros ocupando edificios públicos, etc. etc. etc. Latines ya sabidos -y aquí difundidos- en días atrás pero que hoy volvieron al primer plano aprovechando el pleno municipal presidido por el propio César Mosquera, como recoge la foto de Rafa Estévez distribuida por Deputación.

Se Ence é tal “bicoca”, que o PP ofreza os seus concellos para reubicala. Esa foi a suxerencia que o vicepresidente César Mosquera, hoxe presidente do Pleno da Deputación pola ausencia de Carmela Silva, plantexou ao grupo provincial dos ‘populares’ no debate aberto sobre o futuro da pasteira, no que tamén fixo ver “ a oportunidade perdida” polo PP de condenar a ‘Enceborroka’ que sufriu tanto o Pazo Provincial como as e os representantes do Concello de Pontevedra.

Mais unha vez, o deputado soberanista e hoxe presidente en funcions, Mosquera, ironizou sobre os postos de traballo creados pola fábrica -“deben ser non 5.000 senón 500.000 postos”- e preguntouse como é posible que se Ence -dixo- é “tan extraordianariamente bicoca”, os concellos da provincia que están perdendo poboación, parte deles do PP, non ofrecen unha alternativa que sería a solución para o problema. “Se Ence lles parece tan sumamente importante, ofrézanse vostedes. Teñen unha solución construtiva!”, instou o nacionalista.

Sobre a capacidade de traslado do complexo fabril, o nacionalista subliñou que a pesares de que a empresa di que non se pode, xa pechou e abriu plantas según conveniencia -referiu-. “Claro que se pode trasladar! Outra cousa é que lle salga máis ou menos caro ou lle conveña ou non… Ou onde vai atopar un dominio marítimo terrestre e auga gratis ou que non se lle cobre o canon de saneamento. Pero é un problema de contas, exactamente, nada máis que de contas. Porque pon unhas condicións que non teñen a maioría das pasteiras do mundo”, subliñou.

Mosquera insistiu que a día de hoxe o PP está a repetir “o aparato propagandístico de Ence” co discurso dos postos de traballo e da crise económica. Pola contra, lembrou que entre o 2009 e 2012, “no medio dunha crise económica ben forte”, o PP de Galicia defendía que Ence tiña que marchar da ría nos seus programas electorais. “Había crise económica, polo que esa argumentación, obviamente, non vale”, matizou, engadindo despois que o PP está a meter “todo no saco como fai a empresa, porque vostedes van ao rabo, e creo que se están enganando. Algún día se saberá por que houbo ese cambio”.

Pola súa banda, o socialista Carlos Font acusou ao PP de "tentar utilizar á xente do sector do mar-industria, sen conseguilo, para defender a permanencia de Ence nos terreos públicos de Lourizán. O texto desta moción non foi acordado nin falado coa xente do mar porque foi redactado coa clara intencionalidade de utilizala e mesturala con Ence, e todo porque o PP non se atreve a traer unha moción exclusivamente sobre Ence”. Neste senso destacou que concellos como Cambados, A Illa e O Grove xa aprobaron mocións consensuadas co sector dende xullo de 2020 e trasladaron as súas propostas ao Goberno. 

(MÁS SOBRE ESTE MISMO ASUNTO >  https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/se-indigna-la-oposicion-en-deputacion.html

César Mosquera en acción.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement