Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"Lei de Cambio Climático pon en xogo a continuidade de depuradoras, conserveiras, cocedoiros ... o sector mar-industria"

O Partido Popular de Pontevedra denunciou esta mañá novamente que a Lei de Cambio Climático que o Goberno central está tramitando no Congreso pon en risco a continuidade de todo o sector mar-industria da provincia e, polo tanto, tamén do Salnés, xa que non só altera a duración das concesións, senón que tamén deixa a porta aberta a que sexa un órgano consultivo quen outorgue ou denegue as prórrogas con total discrecionalidade.


Foi en Cambados, nun acto no que participaron o voceiro do grupo do PP na Deputación, Jorge Cubela, os deputados provinciais do Salnés, Paz Lago e Javier Tourís, o deputado nacional e portavoz de Cambio Climático do GPP no Congreso, Diego Gago; o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, así como deputados autonómicos e voceiros populares de toda a comarca. Amosaron a súa preocupación ante representantes dos sectores afectados por unha Lei que traerá consecuencias “terribles” para todos os concellos do Salnés, que afectará a todo o sector mar-industria e, polo tanto, repercutirá no mantemento de milleiros de empregos e investimentos. 


Diego Gago destacou o “esforzo, aguante e actitude que está tendo o sector mar-industria, sabendo que o Goberno central quere poñer fin á súa actividade”, e por iso defendeu o “compromiso expreso” de que o PP de Pontevedra está defendendo en Madrid ata o último minuto o compromiso para salvar a industria deste ataque directo. A última oportunidade será en tres semanas, cando a Lei chegará á comisión e o PP presentará unha emenda transaccional apolítica para poñer solución a este problema. “É un problema de intencionalidade política, e polo tanto a solución é de vontade política”, sinalou e por iso pide aos socialistas galegos que presionen para que o Goberno central retire ese punto da Lei. Ademais, lamentou que o BNG “diga unha cousa en Galicia e vote outra distinta en Madrid. Ten que demostrar que ten forza política para convencer ao grupo parlamentario do que forma parte, porque ata o momento non o demostrou”.


Pola súa parte, o voceiro do PP de Cambados, Luis Aragunde, dixo que “non é unha cuestión de partidos, é cuestión de defender a un dos sectores máis importantes da economía galega", e recoñeceu que existía “medo no sector” pola perda dos postos de traballo que pode provocar a Lei. 


Nesta mesma liña tamén incidiu Paz Lago, que dixo que o PP comparte co sector a mesma preocupación, a supervivencia dun sector estratéxico para o Salnés, xa que hai milleiros de veciños que viven directa ou indirectamente desta industria, das conserveiras, das depuradoras, dos cocedoiros, das bateas... e por iso anunciou que o PP defenderá na Deputación e nos concellos unha moción para reclamar a Madrid que eliminen os puntos 3 e 4 do artigo 18 da Lei, e en defensa de todos os postos de traballo. Recordou que “é a segunda vez que estamos falando desta industria. Hai un ano estabamos todos en Vilagarcía reclamando que non se modificase a Lei de Costas, e por iso critica que un xesto de mala fe do Goberno central para incluír, pola porta de atrás, esta modificación na Lei de Cambio Climático.


Javier Tourís pediu ao Goberno central que recapacite, “porque con esta Lei deixa claro que descoñecen a realidade de Galicia e do sector”, e recordou en que suporá a “ruína da costa, da economía e do emprego nun momentos especialmente difícil”.

Paralelamente, o presidente de Agade, Roberto Fariña, falou en representación doutros colectivos afectados que estiveron hoxe en Cambados, como a DOP Mexilón de Galicia, Agade, Anfaco-Cecopesca, ou confrarías. Fariña reivindicou que “somos empresas totalmente sostibles, e empezamos na costa porque é fundamental para realizar o noso traballo. Quen non entenda que unha depuradora, unha fábrica de conservas ou un cocedoiro ou piscifactoría teñen que estar ao lado do mar é que non coñecen Galicia”. Ademais, recordou que “a ocupación feminina é importante neste sector. Aquí non hai brecha salarial”. Por iso, pediu que “se nos permita continuar co noso trabalo. Esta Lei supón unha deslocalización inmediata. Non podemos asentarnos fóra da costa”.  



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement