Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación de Pontevedra como promotor musical de grupos gallegos

"Un ano máis a música galega e en galego chegará este ano a todos os recunchos da provincia a través do programa Musigal, impulsado pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade", dice una nota de Prensa. Neste senso, a Xunta de Goberno aprobou a relación de actuacións que se levarán a cabo nos concellos da provincia, que suporá que 55 municipios de menos de 50.000 habitantes conten coa celebración de concertos a cargo de 26 agrupacións musicais diferentes.
Con este programa, a Deputación favorece a programación artística nos concellos, que unicamente se teñen que facer cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos.

Andrea Pousa será a encargada de abrir a programación deste ano cun concerto que terá lugar o 9 de abril en Tui, mentres que a última cita será o 18 de decembro na Illa de Arousa, con Leilía. A maioría das actuacións terán lugar nos meses de xullo e agosto, con 22 e 18 concertos. No marco de Musigal haberá tamén dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.
Os grupos máis solicitados foron Guadi Galego, Baiuca, Odaiko, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Budiño, Tanxuqueiras e Milladoiro, con 4 concertos cada un. As actuacións serán de carácter gratuíto, facendo a cultura accesible para o conxunto da cidadanía.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement