Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Sobre las becas de Deputación para completar formación en el extranjero

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos, de ata 90.332 euros, para que graduadas e graduados en ciclos medios de Formación Profesional, poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas para facilitar a súa inserción profesional. Trátase da sétima mobilidade do programa Practicum Depo 2019, na que participarán 13 estudantes que se beneficiarán das axudas de estancia e viaxe da institución provincial para completar a súa formación en Portugal, Italia e Malta.

Nesta nova modalidade do programa van participar alumnas e alumnos de centros educativos de Caldas, Gondomar, As Neves, Pontevedra e Silleda. Oito cursaron o ciclo medio de Actividades Físico Deportivas no Medio Natural, dous mozos Farmacia e Parafarmacia, unha moza Xestión Administrativa, outro mozo Preimpresión Dixital e outro Instalacións Eléctricas. En canto aos destinos, seis partirán cara Portugal, cinco cara Italia e dous a Malta onde estarán entre 125 e 180 días. Percibirán axudas que oscilan entre os 5.821 e os 8.272, dependendo da duración da estadía e do país ao que se dirixen.

Ata o momento están a participar en Practicum Depo 2019, 54 alumnas/os e docentes. Está previsto que sexan 102 as persoas que completen a súa formación no estranxeiro, polo que haberá dúas novas saídas cara países da Unión Europea que comezarán en xuño e en setembro. Xunto ao Practicum Depo 2019 está tamén en marcha o Practicum Depo 2020, no que xa están a participar 10 persoas das 121 que o farán ata maio de 2022.

Dende a posta en marcha do programa Practicum Depo, no 2015, investíronse xa preto de cinco millóns de euros dos cales o SEPIE achega 4,18 millóns de € e a Deputación máis de 820.000 €. Ao longo destes anos 462 persoas, entre profesorado e alumnado, beneficiáronse desta iniciativa que está a permitir que mozas e mozos e docentes completen a súa formación en empresas e institucións da Unión Europea.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement