En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

Mascarón de proa_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

Avanza la certificación Pescaenverde para seis cofradías de pescadores de Galicia

A conselleira do Mar participou no acto de entrega da certificación Pescaenverde a seis confrarías de pescadores. A Xunta salienta a activid...

A conselleira do Mar participou no acto de entrega da certificación Pescaenverde a seis confrarías de pescadores.

A Xunta salienta a actividade responsable e respectuosa co Medio Ambiente da frota galega amparada pola etiqueta Pescaenverde.

Este selo de calidade chega xa a 33 confrarías de pescadores de Galicia tras recibir a súa acreditación as de Vilaxoán, Cabo de Cruz, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ferrol.




A titular de Mar subliña que este tipo de distintivos contribúen a dar valor aos produtos da frota artesanal de Galicia e a facer ver que o seu labor se desenvolve de xeito sustentable, cun baixo impacto no medio

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou a transcendencia de contar cun sector pesqueiro responsable que aposte por unha actividade sustentable e respectuosa co medio ambiente e ao mesmo tempo cunha diferenciación das súas capturas que permita aos consumidores elixilos sendo conscientes de que, ao tempo que os mercan, están a coidar a súa contorna. Iso é o que permite a ecoetiqueta Pescaenverde que, baixo o paraugas da marca pescadeRías, acredita a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético da frota artesanal e que hoxe recibiron as confrarías de pescadores de Vilaxoán, Cabo de Cruz, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ferrol.

Estas entidades xa estaban certificadas polo selo pescadeRías, de onde senón? e agora poderán incorporar a marca Pescaenverde nas súas etiquetas para acreditar esa actividade pesqueira respectuosa co medio ambiente. Con elas, son xa 33 as confrarías de pescadores de Galicia que contan con este distintivo para darlle valor aos seus produtos facendo ver aos compradores que son capturados cunha baixa pegada de carbono e de xeito eficiente enerxeticamente.

A titular de Mar salientou que esta ecoetiqueta permite a Galicia “presumir de produtos, de sector e de bo facer” posto que contribúe a engadir valor aos peixes e mariscos comercializados -ao diferencialos como procedentes dunha actividade máis sustentable e eficiente-. Ademais facilita a avaliación dos custes de explotación do sector e a transmisión dos resultados obtidos a toda a cadea de venda, engadiu.

A representante da Xunta explicou que este selo axuda a que o consumidor identifique os produtos con mellores indicadores ambientais para unha toma de decisións máis sostible así como a loita contra os fraudes na etiquetaxe xerando maiores garantías. “A experiencia de compra é así máis responsable. Nótase na cesta, na mesa e tamén na conciencia ambiental”, afirmou Rosa Quintana.

A titular de Mar incidiu en que a etiqueta Pescaenverde aporta máis información sobre o impacto ambiental, a confianza que dá unha certificación amparada por unha institución académica de recoñecido prestixio como é a Universidade de Santiago de Compostela e a evidencia de que as especies comercializadas baixo a marca pescadeRías están nos límites aceptables da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxético.

Por iso, animou ao sector pesqueiro galego a seguir nesta liña de traballo, difundindo os seus produtos baixo o paraugas de garantías ambientais, de calidade e sustentabilidade, para que o conxunto da frota poida mellorar os seus resultados e a súa rendibilidade.
O selo Pescaenverde

Esta ecoetiqueta ten o respaldo científico do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela, que deseñou un software para promover o cálculo da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxética adaptada ás características do sector pesqueiro. No ano 2013 a Oficina Española de Patentes e Marcas expediu o título de rexistro da marca Pescaenverde.

Trátase dun selo que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medio ambiente ao mesmo tempo que outorga un valor engadido aos produtos que incorporan a marca, impulsando a venda nun mercado cada vez máis competitivo e no que moitos compradores buscan produtos respectuosos co medio.

  

 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,75,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,209,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,69,-LAS PERSONAS,87,-LOS DEPORTES,229,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,165,-PORTADA),420,-Y ADEMÁS...,199,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,61,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,33,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,59,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,278,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,11,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,34,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,493,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,33,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,170,TAUROMAQUIA,146,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Avanza la certificación Pescaenverde para seis cofradías de pescadores de Galicia
Avanza la certificación Pescaenverde para seis cofradías de pescadores de Galicia
https://www.xunta.gal/image/image_gallery?img_id=1592929
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/avanza-la-certificacion-pescaenverde.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/avanza-la-certificacion-pescaenverde.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content