Vigo. Inspecciona Caballero obras y accesos del gran centro comercial que tanto le entusiasma

O alcalde, xunto a Javier Pardo, David Regades, María José Caride e Elena Espinosa
O alcalde exhibindo a "V", xunto a Javier Pardo, David Regades, María José Caride e Elena Espinosa (Concello de Vigo. -

O alcalde de Vigo avanza que “a inicios de marzo” o acceso á estación de Urzáiz será desde Vía Norte.
Por primeira vez en décadas sen o paso elevado á AP9, Alfonso XIII está aberta ao tráfico desde este xoves e ata finais de mes. Será entón cando volva pecharse á circulación para continuar ás obras, entre estas, a demolición da actual estación provisional de tren. Así, desde comezos do próximo mes, o acceso rodado e peonil terá lugar pola praza superior do edificio.


O alcalde de Vigo desprazouse este xoves ata Alfonso XIII, rúa que recupera provisionalmente a circulación toda vez que o Concello completou a demolición do viaduto da rúa Lepanto (ao que adicou algo máis de cen mil euros). A apertura vén acompañada da posibilidade de desviarse desde Urzáiz pola Baixada á Estación e permite o tránsito de vehículos ata García Barbón por Alfonso XIII, agora sen o túnel de dous metros e medio de gálibo, por primeira vez “en corenta anos”, en palabras de Caballero.

A evolución dos distintos traballos que teñen lugar no entorno de Urzáiz obrigarán a restrinxir de novo o tráfico a finais deste mes, sinaladamente o 22 de febreiro. A partir de entón comezará a construción do túnel que conectará Lepanto coa autoestrada -inmediatamente despois da curva-, co que a limitación da circulación se estenderá aproximadamente ata o mes de outubro. O orzamento dos novos accesos viarios ascende a 11,8 millóns de euros.

En rolda de prensa posterior á visita, Abel Caballero adiantou que a comezos do mes de marzo está previsto o inicio da demolición da actual terminal ferroviaria de Urzáiz e desde entón o acceso tanto rodado como peonil á estación de tren terá lugar pola praza superior do edificio, á altura de Vía Norte. O derrubo da provisional faise necesario para que progresen as obras de entrada e saída á autoestrada, explicou.

En paralelo, o Concello prosegue coa remodelación da Baixada á Estación e da Praza da Estación, que presenta un investimento de 1,9 millóns de euros, e acollerá contra o muro de Urzáiz a fachada de pedra da antiga estación, que deixou de prestar servizo a finais dos anos oitenta. Ademais, o goberno de Vigo promove dous elevadores na zona, un desde a praza ata a unión de Urzáiz con Vía Norte por 424.000 euros e un segundo desde García Barbón ata o centro Vialia e Vía Norte, sobrevoando a AP9, para o que se reservan 7,21 millóns de euros. Por último, a zona se completará coa humanización dos espazos situados entre a futura terminal de autobuses, a estación do AVE Vialia e a remodelación dos accesos, para o que se destinan outros 1,2 millóns de euros. “Un gran investimento para refacer toda esa zona do centro da cidade”, concluíu Caballero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.