Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) BNG esixirá no Pleno que se garanta a continuidade da escola infantil “Santa Marta”


O Bloque Nacionalista Galego defenderá, a través dunha moción que se debaterá no Pleno do Concello de Vigo de mañá, que se garanta a continuidade da escola infantil municipal “Santa Marta” do Casco Vello. A iniciativa da fronte nacionalista insta a ofertar para o vindeiro curso o mesmo número de prazas que no actual, en todos os niveis, e a que se manteña na súa actual ubicación mentres non se atopa unha alternativa viábel e adecuada para o seu traslado.

En rolda de prensa, decorrida esta mañá, o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, puxo de relevo que Santa Marta é a única escola infantil pública no centro da cidade, e na que no actual curso 6 de cada 10 solicitudes ficaron sen praza. De aí, que considere “inaceptábel” que o Goberno municipal estivese inicialmente disposto a fechar a escola. Unha pretensión que incumpre o compromiso formalizado con familias e traballadoras pola anterior concelleira de Educación, Olga Alonso, de que non se ía producir ningún traslado até contar cunha nova escola xa construída. “É claro que a primeira opción do Goberno local era pechar, tal e como deixa patente que o concelleiro de Educación, Gorka Gómez, lle trasladase ao persoal da escola que non se facía cargo do seu futuro e que non se ía prorrogar a actual concesión nin licitar unha nova”, denunciou. A isto engádese que nos orzamentos municipais non figure ningunha partida para financiar os custes derivados dun eventual traslado.

Para Igrexas a posibilidade de instalar a escola infantil nas dependencias do colexio público Ramón y Cajal (Picacho), é unha “opción falsa que o único que busca é enlear o debate e distraer do asunto central que é a continuidade ou non da escola”. Neste sentido, o edil nacionalista recolle a oposición unánime da comunidade educativa do Picacho e considera que nese centro moi dificilmente se poderían cumprir as condicións esixidas para unha escola infantil para crianzas de 0 a 3 anos, reguladas no decreto 329/2005.

“O BNG non aceptamos a posibilidade de que o Concello suprima 45 prazas de escola infantil no Casco Vello cando o que hai que facer é amplialas. Por iso a nosa moción o que demanda é se garanta, si ou si, a súa continuidade”, resume o concelleiro. Para iso a moción nacionalista insta expresamente a que se non se atopa unha alternativa viábel e axeitada se manteña a escola nas súas actuais dependencias.

Xestión nefasta e improvisada

Desde o Bloque Nacionalista Galego lembran que a modificación puntual do PXOM para o ámbito do Barrio do Cura, que motivaría a saída da escola da súa actual ubicación, foi promovida polo propio Goberno municipal e aprobada inicialmente en outubro de 2019. Por este motivo, consideran que a situación creada arredor da escola só responde “a unha xestión rotundamente nefasta e improvisada” da que responsabilizan directamente aos responsábeis de Educación e Urbanismo do executivo local, Gorka Gómez e María José Caride.

Aliás, subliñan que no convenio urbanístico do Barrio do Cura figura expresamente a condición de que a promotora ten que rehabilitar e ceder ao Concello tres inmóbeis para instalar nestes unha nova escola infantil, e que ten que facelo simultaneamente á concesión das licenzas de obra. “Non entendemos porque o Goberno de Abel Caballero non esixe que se cumpra ese requisito. Pero desde o BNG tamén dicimos que se para garantir a continuidade da escola infantil hai que demorar uns meses máis o inicio das obras que se faga”, apunta Igrexas.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement