Ence Energía y Celulosa rexistrou un beneficio de 15 millóns € no cuarto trimestre de 2020, grazas ás plusvalías xeradas coa venda da súa planta termosolar de Puertollano. No conxunto do ano acumulou perdas por 26 millóns € -fronte aos 9 millóns € que gañou en 2019- como consecuencia do baixo prezo da celulosa, que xa recuperou máis dun 15% desde o mes de decembro, despois de permanecer un ano en mínimos históricos.
A
compañía conseguiu aumentar un 12% as súas vendas de celulosa, reducir
un 6% os seus custos de produción e incrementar un 36% as súas vendas de
enerxía renovable
en 2020, grazas aos importantes investimentos do seu Plan Estratéxico
efectuadas o exercicio anterior.
A
pesar desta mellora operativa, os resultados do grupo en 2020 estiveron
marcados polos baixos prezos da celulosa e da electricidade. O EBITDA
do negocio de
Renovables mellorou un 15%, ata os 60 millóns €, mentres que do negocio
de celulosa contraeuse un 82%, ata os 14 millóns €.
Doutra
banda, o grupo conseguiu reducir o seu endebedamento en 378 millóns €
no cuarto trimestre, grazas á venda da súa planta termosolar e á
entrada dun socio
minoritario no negocio de Enerxía Renovable. A compañía pechou o
exercicio cun endebedamento neto de 178 millóns de euros e máis de 540
millóns de euros de caixa dispoñible en balance.
Ence
quere ser un referente no desenvolvemento da bioeconomía en España,
potenciando o seu crecemento en renovables e retomando os investimentos
previstos
no seu Plan Estratéxico para o negocio de Celulosa, da man da
recuperación esperada dos prezos da celulosa.
Ao
longo deste exercicio, marcado pola pandemia e polos seus efectos na
economía, Ence mantivo a actividade e o emprego, grazas á aplicación
temperá e estrita
dos seus protocolos fronte ao Coronavirus. Isto fixo posible garantir a
seguridade e a saúde de todo o equipo humano de Ence, para continuar
fornecendo á sociedade enerxía renovable e celulosa.
A
compañía aposta pola “recuperación verde” promovida desde a Comisión
Europea como saída fronte a esta crise xerada pola Covid-19. As dúas
liñas de negocio
da empresa están plenamente aliñadas coa transición cara a unha
economía circular e baixa en carbono.
A empresa continúa dedicando os seus maiores esforzos en defender a prórroga da súa concesión en Pontevedra ata 2073. Unha planta que cumpre folgadamente con toda a normativa ambiental vixente, que xera máis de 5.000 postos de traballo directos e indirectos e que crea val