La foto del lunes : las enormes colas para cruzar por el puente Tui-Valença

O novo peche total da maioría de pasos fronteirizos entre Portugal e Galicia concentrou o tráfico de acceso a territorio luso nos dous únicos pasos habilitados -e con fortes controis e restriccións- na provincia de Pontevedra (Tui pola autovía A-55 e Salvaterra) e no único en Ourense (Verín). No caso de Tui, a Dirección Xeral de Tráfico confirmou que se están producindo retencións desde primeira hora da mañá deste luns.

Así, Tráfico informou de dous quilómetros de retencións -outras fontes falan de 3 kms- na A-55, entre o quilómetro 29 e 31 da vía, en dirección á localidade lusa de Valença. A apertura deste paso fronteirizo está autorizada 24 horas os 7 días da semana, aínda que só permítese cruzalo por causas absolutamente xustificadas (entre elas, para os traballadores transfronteirizos).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.