Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación compra finalmente -para el Museo de Pontevedra- el "Álbum Nós"


A Deputación e a familia Domínguez Lino oficializaron hoxe a compra do Álbum Nós de Castelao para o Museo de Pontevedra cunha sinatura pública de compra. A partir de agora, a colección que xa se exhibía en depósito a institución provincial pasa a formar parte dos fondos provinciais como “a adquisición máis importante do Museo de Pontevedra nos últimos tempos e da obra máis importante de Castelao”, segundo explicou o vicepresidente Mosquera.

O nacionalista explicou que dada a trascendencia da operación debía quedar “constancia gráfica e simbólica para a historia” en lugar de pechar a operación nun “frío acto administrativo”. Subliñou que ata hoxe a Deputación e a familia propietaria estiveran traballando “sobre o suposto do compromiso e de que a palabra de cada parte se ía cumprir, e hoxe formalízase e faise efectivo. Hoxe podemos dicir que a Colección Nós é do Museo, da Deputación , e que se completou o circuito”, finalizou..

Pola súa parte, Enrique Domínguez Lino lembrou –acompañado por dous dos irmás- a grande amizade que o seu avó mantiña con Castelao, aclarando unha vez máis a chegada da obra á súa casa. Volveu transmitir o agradecemento á Deputación, personalmente a César Mosquera e ao director e ao equipo do Museo, “por cumprir o desexo do meu avó e da miña nai de que a colección Nós quede en Pontevedra. Esa era a intención e a ilusión de toda a nosa familia. Estamos moi contentos porque tamén foi moi fácil a negociación e o acordo. Polo ben de Pontevedra e Galiza aquí estamos e aquí perdurará Castelao con nós durante o resto das nosas vidas. Penso que ambas partes estamos satisfeitos”.

A operación de compra do ‘Álbum Nós’, hai que lembrar, formalizouse por 650.000 euros. Ata o de agora as pezas estaban expostas en depósito na ‘Sala Castelao’ do Museo logo de ser atopadas en 2016 co gallo da exposición ‘Meu Castelao’. Entón a conservadora do mesmo Ángeles Tilve, sendo coñecedora da boa amizade que existía entre Castelao e José Lino, preguntoulle á familia -a través da restauradora de pintura Mercedes do Campo- se tiña algún debuxo ou obxecto de Castelao para poder expoñer na exposición. Foi aí cando a familia acordou do sobre coas láminas que María del Carmen Lino recibira do seu pai José Lino Sánchez.

En todo momento, o vicepresidente Mosquera manifestou o interese do Museo por facerse coa bra. “Para o Museo sería unha traxedia que o depósito que tiña dende 2016 non se convertise en definitivo. Sería moi fácil que galeristas e coleccionistas puxaran. Esta era unha grande oportunidade para o Museo e agradezo á familia o seu desexo de solventar o acordo desta maneira”, finalizou.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement