Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu no olvida a Rosalía de Castro

Aínda que este ano non se pode celebrar o tradicional recital poético polo Día de Rosalía, o Concello de Bueu non renuncia a reivindicar a figura da poeta galega máis internacional, cuxos versos analizaron a sociedade e as inxustizas do seu tempo e tamén lanzaron mensaxes feministas. 

Este mércores, 24 de febreiro, cúmprense 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro, e por iso o persoal da Rede de Bibliotecas Municipal pon en marcha dúas actividades. Dunha banda, na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu está dispoñible unha exposición bibliográfica sobre a obra rosaliana existente no arquivo, acompañada de poemas e outros textos de interese. A mostra, que se atopa na entrada da biblioteca, poderá visitarse con reserva previa no teléfono 986323140 ata o 5 de marzo. Outra das iniciativas é a elaboración de marcapáxinas con versos da poeta e que se repartirán entre as persoas usuarias das tres bibliotecas municipais: Bueu, Cela e Beluso. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement