O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia públicamente "a situación de desamparo que está a sufrir a veciñanza maior de 80 anos por mor do proceso de vacinación contra a COVID19 iniciado este luns. A Xunta de Galiza está a pór en marcha este proceso de vacinación sen ter en conta as características xeográficas e demográficas do concello, un dos de maior superficie de Galiza, cunha poboación moi avellentada e dispersa, e cos servizos públicos espallados".
No BNG -dicen en un comunicado- : "non entendemos que a Xunta obrigue ás persoas maiores de 80 anos a se trasladar máis de 30 kms até Cerdedo cando o municipio conta con Centros de Saúde de referencia tanto en Carballedo como en Tenorio, moito máis accesíbeis para os veciños e veciñas das parroquias máis próximas. Hai que ter en conta que o concello non conta cun servizo de transporte público regular interparroquial, polo que, aquelas persoas maiores que viven soas ou sen familiares que os poidan desprazar ata Cerdedo vense obrigadas a dispoñer dun taxi e soportar un custe extra de mobilidade entre os 30 e os 60€ cando teñen as pensións máis baixas do Estado e son a parte da poboación municipal mais vulnerábel".
Para o BNG é incomprensible que diante desta situación, o alcalde Jorge Cubela
cale e se poña de canto, deixando á súa sorte ás persoas maiores e non reclame
un plan de vacinación adaptado á realidade de Cerdedo-Cotobade, tal e como fixo
para o concello da Lama o seu homólogo Jorge Canda.
Ernesto Filgueira: “Un concello rural non se fai sumando unilateralmente quilómetros
cadrados de superficie senón aportándolle servizos públicos dignos que permitan
unha vida plena, de calidade e que fagan comunidade”.