Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Antes de devolverlos a Polonia) Museo de Pontevedra expone los cuadros que robaron los nazis

O Museo de Pontevedra abriu hoxe oficialmente a instalación temporal cos cadros da ‘dolorosa’ e o ‘cristo’ identificados como orixinarios do espolio nazi. As pezas, xunto cunha breve reseña explicativa e un código QR para saber máis da súa historia e trazabilidade, estarán a disposición do público na Sala 1 do Edificio Castelao dende esta mañá ata o momento da súa restitución aos seus lexítimos propietarios.
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, visitou a instalación e animou a que as persoas “amantes da arte e curiosos da historia” aproveiten a oportunidade para contemplar as dúas creacións e afondar na súa orixe e características. Destacou que é “unha pena que teñamos que desfacernos destes cadros, pero é unha alegría colaborar a reparar o espolio nazi”, en relación á súa devolución, á que o Museo se comprometeu dende o inicio..


Nestes momentos, explicou el líder del Bloque, o Museo está agardando e a disposición da decisión do Ministerio de Cultura, que é quen ten as competencias sobre o futuro dos cadros, que nestes momentos están reclamados tanto polo Goberno polaco como pola familia propietaria do Castelo do que supostamente foron espoliados. Destacou que nestes momentos a Avogacía do Estado está estudando a situación para emitir informe e, mentres non se efectivice a devolución e se aclare a quen se lle entregan, o díptico quedará no Museo. “Nós somos terceiros de boa fe, con toda a disposición para colaborar, e non nos crea ninguna distorsión nin estamos a disgusto con que as obras estean aquí. Vaise sabendo máis delas e van estar ben acollidas e ben tratadas mentres dure o proceso”, salientou Mosquera.

O director do Museo Xosé Manuel Rey indicou que dende o punto de vista histórico artístico houbo novidades sobre as pezas. Inicialmente foran atribuídas a Dieric Bouts mais, a raíz dun informe da directora do Instituto Moll Ana Diéguez por encarga do Museo, hoxe sábese que non teñen esta atribución e que case con total seguridade pertenzan a algún membro do taller do seu fillo Albert Bouts. Isto dataríaas nun periodo máis tardío do século XVI, algo que encaixa tamén coa cronoloxía e o tipo de marco tan significativo con casetóns e textos sostidos por ánxeles que presentan.
As dúas obras foron tamén analizadas no Museo cun programa D-Strech utilizado normalmente para as pinturas rupestres que, modificando as gamas de cores, permitiu desvelar textos escritos nas traseiras dos marcos, onde se aprecian frases en latín e incluso datos en relación coa súa procedencia alemana.

Como reflexión, o director do Museo asegurou que a día de hoxe os Museos están analizando cuestións que hai 20 ou 30 anos eran “impensables”: “Hai acceso a bases de datos online, co que as obras viaxan moito máis que antes, e é máis fácil rastrexar a información. Agora mesmo hai unha tendencia e unha dinámica a que os propietarios, sexan estados ou familias, intenten recuperar obras que en determinados momentos saíron dunha maneira anómala con respecto á perspectiva actual. Por iso está reclamando Exipto obras, o Estado Grego… É un movemento a nivel mundial”, destacou.

A identificación da ‘dolorosa’ e o ‘ecce homo’ como bens espoliados xurdiu durante o confinamento pola pandemia cando Mariusz Wiśniewski, do Departamento de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, contactou co Museo de Pontevedra para interesarse polo díptico. Segundo a documentación que aportaba, as dúas pezas pertencían á Colección da Princesa Czartoryski en Gołuchów que fora roubada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Ambas pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, reapareceron no comercio de arte de Madrid en 1973 e previamente en Barcelona no 1971.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement