Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

¡Ahora se entera Benítez (AECT Río Minho) que el cierre de fronteras es "redundante, innecesario y desincentivador"!

La AECT Río Miño debería cuidar un poquito más la estrategia y las formas... Al fin y al cabo representan a muchos concellos de ambas orillas... - (Foto : Deputación de Pontevedra)

Por fin se entera el inspirador y vicedirector de la AECT Río Minho, que el cierre de fronteras impuesto por el ministro Cabrita (Gobierno portugués) y secundado por el ministro Marlaska (gobierno español) es una medida absurda y "redundante, innecesaria e un desincentivo ás relacións transfronteirizas base do desenvolvemento socioeconómico do territorio miñoto”. Por fin -y por ahí tenía que haber empezado hace semanas- el señor Benítez ha abierto los ojos y se ha enterado, como el mismo dice ahora, que es medida absurda y redundante porque "tanto os concellos galegos como portugueses están en confinamento perimetral e, por tanto, só está permitida a mobilidade por razón laborais ou excepcionais".

¡Aleluya!. 

Hoy la AECT Río Miño ha emitido una nota de prensa que por su interés reproducimos aquí debajo. Sería bueno que quienes le escriben las notas a la Asociación de Uxío Benítez, se enteren bien del nombre del Presidente de la República Portuguesa, a quien llaman "Marcelo de Sousa", cuando su verdadero nombre es Marcelo Rebelo de Sousa. No cabe exigir al escriba que ponga Marcelo Nuno Duarte Rebelo de Sousa, pero al menos que haga lo usual y válido al caso : Marcelo Rebelo de Sousa. Cabe esperar que la carta enviada al Presidente de la República Portuguesa no diga "Marcelo de Sousa", pues caso de que así fuere -como en la nota de Prensa que sigue-, el ridículo sería evidente... En fin...

"O AECT RÍO MIÑO ENVÍA CARTAS A SÁNCHEZ, DE SOUSA E Á COMISARIA DE COHESIÓN PARA QUE ABRAN TODOS OS PASOS CON PORTUGAL PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS

O vicedirector do AECT Uxío Benítez afirma que o peche de fronteiras e unha medida “redundante, innecesaria e un desincentivo para as relacións transfronteirizas”


O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Miño, AECT Río Miño, vén de remitir cartas ao presidente do Goberno español Pedro Sánchez, ao presidente portugués Marcelo de Sousa, e á comisaria europea de Cohesión Elisa Ferreira para que desbloqueen a situación actual de peche da fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal e realicen as dilixencias necesarias para abrir todos os pasos para as persoas traballadoras transfronteirizas de ambas as beiras.

O vicedirector do AECT, na súa misiva ao dirixente español, subliña que o peche de fronteiras “é redundante, innecesario e un desincentivo ás relacións transfronteirizas base do desenvolvemento socioeconómico do territorio miñoto”, xa que tanto os concellos galegos como portugueses están en confinamento perimetral e, por tanto, só está permitida a mobilidade por razón laborais ou excepcionais.

Insiste Benítez en que o mantemento dun único paso autorizado en Tui-Valença revela unha total falta de coñecemento da realidade dos territorios transfronteirizos, en particular do territorio do Miño. Subliña que no periodo de confinamento de marzo de 2020 a ponte internacional de Tui-Valença, a única aberta na zona, concentrou arredor do 44% do total da mobilidade entre España e Portugal, algo que os respectivos gobernos de Madrid e Lisboa recoñeceron no seu momento, reabrindo as pontes de Tomiño-Cerveira, Salvaterra-Monçao e Arbo-Melgaço.

“Nun segundo peche de fronteiras é totalmente incomprensible non ter novamente esta realidade en conta, propiciando unha medida que potencia o efecto funil (…) con quilómetros de filas para pasar a fronteira, pérdidas de tempos innecesarias, e unha vez máis, introducindo un inexplicable obstáculo a unha poboación de fronteira que xa non se sente de fronteira, senón cidadáns e cidadás dunha Europa sen fronteiras”, incide Benítez.

O mandatario nacionalista subliña que é inxusto trasladar os custes dos rodeos aos traballadores e traballadoras transfronteirizas, xa que estes deberían ser asumidos polos estados colocando as e os axentes e guardas necesarios para o control da mobilidade ao longo da fronteira. Engade Benítez, amais, que os horarios de apertura parcial estipulados para as pontes de Salvaterra e Arbo “tampouco sirven ás persoas traballadoras transfronteirizas, que exercen funcións en turnos diferenciados, obrigando a pasar polo único punto aberto 24h ou a agardar ao horario autorizado”.

É por iso que, ademais de solicitar a apertura controlada de todos os pasos, o dirixente do AECT, en nome dos 26 alcaldes e alcaldesas do AECT, tamén trasladou aos presidentes e á comisaria a esixencia de que o persoal traballador transfronteirizo sexa beneficiario dos apoios socioeconómicos para facer fronte ao impacto da pandemia; a solicitude de axuda política e económica á Comisión Europea; a creación dunha ‘tarxeta cidadá transfronteiriza’ para facilitar a circulación; así como a reivindicación unha Intervención Territorial Integrada (ITI) con vistas aos próximos fondos europeos.

Como anexo, remitíronselle a todos as e os dirixentes sendos dossieres de casos particulares de decenas de empresas e traballadoras e traballadores afectados pola situación do peche das fronteiras con correos electrónicos recibidos nos últimos días".

P.S.)  Y otra cosa más : tratándose la AECT Río Minho de un organismo público sostenido con dineros públicos, donde la transparencia ha de ser absoluta, no costaba nada adjuntar a la nota de Prensa enviada a los medios, copias de las cartas enviadas y de las que se habla en la nota de prensa y copia del dossier enviado también a las autoridades de las que habla la nota... ¿O se las van a facilitar tan solo al periódico de sus simpatías, al que hacen promoción en el canal de twitter del organismo, reproduciendo sus páginas sin tener ni el cuidado de eliminar sus datos de tirada y de precio de publicidad por página?...

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement