La Xunta ve al Gobierno central y Audasa unidos contra los intereses de Galicia
A Xunta lamenta que o Goberno de España e Audasa, a concesionaria da AP-9, actúen unidos en defensa dos intereses dos galegos.
Dúas semanas despois de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lle reclamase directamente á Xunta que pagase diñeiro a Audasa polas bonificacións da peaxe de Rande e A Barcala, Audasa diríxese á Administración autonómica para esixir o mesmo.
O Consello de Estado ditaminou que as bonificacións das peaxes de Rande e A Barcala supoñían un “enriquecemento inxusto” para Audasa e o Goberno de España está apoiando que ese enriquecemento se manteña e o faga, ademais, con diñeiro dos galegos.
Todo isto despois de que o Goberno de España teña autorizado o pasado 1 de xaneiro unha nova suba extraordinaria das peaxes da AP-9 na autoestrada, do 0,92%, sendo a que máis subiu de España, onde só incrementaron as peaxes tres autoestradas.
O Goberno de España autorizou esa nova suba sabendo que o Consello Consultivo de Galicia a considera “nula de pleno dereito” e a pesar de que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021 se prevé anular esa suba e bonificar a autoestrada.
A Xunta considera unha broma de mal gusto que o Goberno de España e Audasa actúen de xeito conxunto e lle reclamen á Xunta o pagamento á concesionaria das bonificacións das peaxes de Rande e A Barcala, cando hai un acordo pechado entre o Goberno e a Xunta de Galicia do ano 2018 polo cal a Administración autonómica deixaba de cofinanciar a bonificación da peaxe desa autoestrada estatal.
Publicar un comentario