Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fernández-Tapias y Caballero se ven las caras, aparece el comodín Caride en escena y... ya veremos cómo acaba todo

Hoy se vieron las caras la Delegada de la Xunta en Vigo y el alcalde de Vigo. Fernández Tapias y Caballero hicieron risitas, fotos con obsequio por medio (un gabán con anagramas de la Xunta y del Camino de Santiago que no se lo va a poner Caballero, obviamente), etc. etc. etc. ¿Servirá para algo este encuentro?. El tiempo nos lo dirá... De momento, como se observa, lo remitido por una y otra parte a la Prensa no es exactamente lo mismo...

Veamos entonces ahora las dos versiones del asunto :

VERSIÓN DE LA XUNTA )

Fernández-Tapias propón ao alcalde de Vigo reunións trimestrais entre a Xunta e o concello para analizar as actuacións en Vigo

A delegada territorial aprecia o xesto de Caballero na liña que defende o Executivo autonómico de establecer canles de comunicación entre ambas as administracións

 

Sinala que a colaboración é “a única vía para afrontar o futuro de Vigo cun diagnóstico certeiro e real das necesidades da cidade e da súa veciñanza “

No que atinxe á hostalería, reivindicou o apoio da Xunta aos colectivos que máis están a sufrir a crise sanitaria e cifrou en 3,3 millóns as axudas directas concedidas


A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, propuxo hoxe ao alcalde vigués, Abel Caballero, a convocatoria de reunións trimestrais e incluso grupos de traballo entre ambas as administracións co obxectivo de analizar desde a colaboración institucional as decisións e as actuacións na cidade.

Así o asegurou Fernández-Tapìas tras manter unha reunión co rexedor e en presenza da tenente de alcalde María José Caride, na que abordaron algúns dos principais proxectos que o Goberno galego mantén en execución en Vigo e entre os que citou a Cidade da Xustiza, a Intermodal, a construción de 1.600 vivendas de promoción pública en Navia ou o Albergue de Peregrinos. Ao fío, recordoulle que a Xunta é a administración que máis inviste en Vigo.

Unha xuntanza que ambos coincidiron en enmarcar nun ambiente formal, no que acordaron intensificar as relacións entre a Xunta e o Concello, xa que, tal e como indicou Fernández-Tapias, a colaboración é “a única vía para afrontar o futuro de Vigo cun diagnóstico certeiro e real das necesidades da cidade e da súa veciñanza “.

Neste contexto, a representante do Executivo autonómico na cidade dixo apreciar o xesto de Caballero na liña que defende a Xunta de establecer canles de comunicación baixo o obxectivo común de defender os intereses de Vigo e da súa veciñanza. Confía Fernández-Tapias, e así o aseverou, que se manteña o clima de diálogo iniciado hoxe, en favor de chegar a acordos polo ben de Vigo en todos os casos que sexa posible con novos proxectos e inversións.

En canto aos grupos de traballo propostos, entende que son o contexto adecuado para poder debater ou abordar cuestións sobre as puideran existir discrepancias de criterio entre a Xunta e o Concello.

Xa por último, Fernández-Tapias reiterou ao alcalde a invitación a sumarse ao plan de cooperación covid-19 a proposta do propio sector da hostalería nun momento especialmente delicado no que a pandemia, seguindo as indicacións sanitarias, obriga a tomar novas restricións. Segundo especificou, a iniciativa segue o modelo da Comunidad Valencia onde a Generalitat aporta o 50% de dito fondo, as deputacións o 30 % e os concellos o 20% restante.

Neste sentido, reivindicou novamente o apoio da Xunta aos colectivos que máis están a sufrir a crise sanitaria e actualizou os datos do Plan de Rescate. Fernández-Tapias sinalou que se concederon axudas a 1.159 negocios en Vigo, superando os 3,3 millóns de euros, o que converte no concello galego que conta co maior número de beneficiarios. “Seguiremos ao carón do sector como así o fixemos desde o primeiro momento”, concluíu a delegada.

VERSIÓN DEL GOBIERNO DE VIGO )

O alcalde reúnese coa delegada da Xunta en Vigo. Abel Caballero e Marta Fernández-Tapias mantiveron este martes a súa primeira xuntanza “nun ambiente cordial” no que o rexedor lle pediu á delegada “que defenda a cidade” e que “será benvido todo aquilo que poida facer por Vigo”.

Na reunión participou a tenente de alcalde María Xosé Caride, porque segundo explicou o rexedor, xestiona os ámbitos relativos ao goberno autonómico e con ela será a “relación máis inmediata”.
No transcurso da entrevista, Caballero pediulle “expresamente” a Marta Fernández-Tapias que “defenda a cidade, que non sexa delegada para defender á Xunta e á súa falta de actuación en Vigo, que se poña do lado da cidade” para reclamar as demandas viguesas.

O alcalde censurou a falta de resposta do presidente da Xunta á carta remitida despois da súa última elección na que expoñía “os 35 puntos fundamentais para esta cidade” polo que mantén que “non vou ter ningunha reunión co presidente en tanto non dea mostras de que vai cambiar a súa actitude coa cidade”, que é a de “recadar recursos e aplicalos noutros lugares sen atender as necesidades de Vigo”.

O rexedor reiterou este martes en rolda de prensa que Vigo “acepta o modelo Valencia” de axudas á hostalería no que as comunidades autónomas, as deputacións e os concellos achegan recursos que tramitan as corporacións locais. Caballero espera que “a Xunta dedique os recursos que debe, algo similar a 25 millóns de euros a Vigo”, polo que agarda a declaración das cantidades asignadas á cidade e a súa transferencia para complementalas coas da Deputación, seguindo o “modelo Valencia, por min, repito, mañá”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement