Ence reforza a formación en sustentabilidade do seu persoal
A sustentabilidade é unha prioridade estratéxica para Ence: non só está incluída na misión da compañía senón que constitúe un dos obxectivos do Plan Estratéxico fixado para o período 2019-2023. A fin de compartir e facer partícipe a todo o seu equipo humano da importancia crave deste concepto, a compañía desenvolveu un plan específico de formación entre os seus empregados, que no pasado exercicio 2020 alcanzou a preto de 1.000 persoas a través de formacións en liña e presencial que continuarán neste ano ata chegar a unha meta da totalidade do persoal.
Ence deu pasos moi importantes para avanzar na integración transversal da sustentabilidade como un piar estratéxico da compañía. Así, co fin de levar a sustentabilidade a todos os ámbitos da súa actividade, creou unha estrutura de goberno que parte do Consello de Administración cunha comisión específica, e, a finais de 2019, estableceu a Dirección General de Sostenibilidad, liderada pola Secretaria General da compañía, Reyes Cerezo.
Tamén en 2019 Ence aprobou aproba o seu novo Plan Director de Sostenibilidad, que en sete ámbitos de traballo persegue alcanzar un posicionamento relevante no ámbito da sustentabilidade desde a consecución dunha serie de obxectivos estratéxicos. Os piares estratéxicos establecidos son Operacións seguras e ecoeficientes, Acción Climática, Desenvolvemento rural e agroforestal, Produto sostible e Ence coas comunidades; mentres que os eixos transversais refírense a Persoas e valores, e Bo goberno corporativo.
Con respecto á formación en sustentabilidade, abordouse tanto o desenvolvemento do concepto en si, desde a súa orixe ata o establecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas. Tamén a súa aplicación transversal na compañía, para dar resposta a retos globais da sustentabilidade como son a igualdade de xénero e a diversidade, o cambio climático, a biodiversidade e o capital natural, o ciclo da auga, a transición da economía lineal á circular, e o respecto aos dereitos humanos. Tamén, a saúde e o desenvolvemento persoal, e a presión demográfica e o despoboamento.
Para Ence, é de vital importancia que o seu equipo humano siga coñecendo e interiorizando a sustentabilidade como unha prioridade no seu traballo diario. “A sustentabilidade alíñase co noso modelo de negocio. Traballamos non só para dar a coñecer os ODS na organización, senón para ir máis aló, e crear unha forma de traballar que nos permite incluílos no noso día a día dunha maneira natural”, asegura Reyes Cerezo.
Nese sentido, a integración destas metas en Ence desenvolveuse “dunha maneira estruturada”, xerando unha organización interna “que nos permite definir os enfoques, crear unha folla de ruta e establecer indicadores para medir os nosos avances e logros”.