Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Bloque cree descontrolada la pandemia en el área sanitaria de Vigo

La situación del Covid-19 se politiza notablemente. Tras la proclama de la portavoz gallega de Ciudadanos asegurando que en los centros escolares gallegos no eran lugares seguros, aparece el Bloque (de Vigo) en escena hablando de que existe un descontrol de la pandemia en el área sanitaria viguesa. El Bloque cree descontrolada la pandemia en el área sanitaria de Vigo. Pide confinamiento de 15 días y ayudas para sectores afectados. Al anochecer de este viernes, el BNG-Vigo emitió el texto que sigue y que reproducimos integramente.

O BNG de Vigo pide actuar xa diante do descontrol da pandemia na área sanitaria

Demandan a convocatoria dunha xuntanza urxente e ampliada aos voceiros de todas as forzas do Pleno do Comité Municipal de Seguimento da Covid19, para consensuar novas medidas.

Reiteran a proposta trasladada pola portavoz nacional, Ana Pontón, dun confinamento de 15 días con axudas directas aos sectores afectados.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir agardando máis tempo. Hai que actuar xa. Temos que priorizar a saúde e a vida das persoas por acima de todo

VIGO, 22 de xaneiro de 2021.- Diante do descontrol da situación pandémica na área sanitaria de Vigo, onde xa se superaron os 3 mil casos activos (3153) e, singularmente, na cidade olívica cunha incidencia acumulada de 400, o Bloque Nacionalista Galego urxiu a actuar para despregar medidas adicionais que contribúan a frear a transmisión do coronavirus. A fronte nacionalista demandou ao alcalde a convocatoria dunha xuntanza urxente e ampliada do Comité Municipal de Seguimento da Covid19 e reitera a proposta, formulada pola portavoz nacional, Ana Pontón, de poñer en marcha un novo confinamento.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu de que a situación está descontrolada como reflicten os datos de evolución e o incremento da presión asistencial na cidade. Neste sentido, anunciou que se dirixirá hoxe ao alcalde para instalo a que convoque unha nova xuntanza do Comité de Seguimento Municipal pero aberto á participación dos voceiros de todas as forzas políticas con representación do Pleno. Igrexas subliñou que o Bloque leva desde o inicio da pandemia actuando desde unha total disposición á cooperación co Goberno local. "O que lle dicimos ao alcalde é que poña data, hora e lugar para esa xuntanza e alí estará o BNG para contribuír en positivo con ideas e propostas, para sumar esforzos e fortalecer a capacidade de resposta da cidade diante desta terceira vaga", afirmou.

Aliás, o portavoz municipal nacionalista defendeu a necesidade de que Xunta e Goberno español actúen para frear a situación "poñendo a saúde por diante". A este respeito reiterou a proposta, formulada desde hai varios días polo BNG a nivel galego, de que se poña en marcha un novo confinamento de 15 días acompañado de medidas efectivas e reais de axuda directa aos sectores que se poidan ver afectados por esta medida. "A primeira vaga da pandemia demostrou que cando a situación se descontrola como o está agora a única medida efectiva é un confinamento. É algo drástico e que vai ter impactos a nivel económico, pero é fundamental para protexer a saúde e a vida das persoas e evitar o colapso do sistema sanitario", explicou. "Non podemos seguir agardando máis tempo. Hai que actuar xa. Temos que priorizar a saúde e a vida das persoas por acima de todo", remachou.


Xabier P. Igrexas




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement