Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Con el Casco Vello por medio : nuevo enfrentamiento Gobierno de Vigo-Xunta

Nuevo enfrentamiento y ataque a la Xunta por parte del Concello de Vigo, a propósito del funcionamiento del Consorcio del Casco Vello. Hace muy pocos días, sonrisitas por medio, el alcalde recibía a la delegada de la Xunta en Vigo. Muy pocos días después de aquello... ya tiene la delegada el primer ataque encima. Lean la declaración del alcalde Caballero en medio de lo que sigue...

O Concello de Vigo inicia o proceso para a compra dos edificios da Praza da Igrexa e a súa reforma

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo levará este martes na súa orde do día o informe de taxación dos seis edificios situados na Praza da Igrexa, fronte á Basílica de Santa María. O alcalde explicou que o goberno local chegará a acordos cos propietarios para a expropiación dos inmobles e o mantemento do negocio que sigue aberto na zona.
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa(Imagen : Concello de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns do inicio do proceso de expropiación dos seis edificios da Praza da Igrexa, no corazón do Casco Vello, que serán rehabilitados con cargo ás arcas municipais. A Xerencia de Urbanismo levará este martes na súa orde do día a valoración de todos os inmobles situados diante da Basílica de Santa María para a compra.

“Debo dicir en primeiro lugar que temos que facer isto porque o Consorcio que preside alguén da Xunta non están funcionando, vai lentísimo, non va a velocidade que ten que ir, non capitaliza, va moi mal e isto fai que xa entremos desde o Concello para expropiar, renovar e refacer o Casco Vello, tanto no barrio histórico de Vigo como de Bouzas”, apuntou o alcalde en rolda de prensa.

Segundo indicou, o Concello inicia así a expropiación dos edificios e busca xa fórmulas para buscar outra situación ao actual comercio que aínda está en funcionamento na zona. “Imos a cooperar o máximo posible para que actividade se manteña, imos tratar de resolver con acordo”, apuntou.

A taxación feita por Urbanismo marca os prezos de referencia dun proceso que pretende ser “rápido” para conseguir canto antes a reforma integral de toda a zona.

De forma paralela, está en marcha o concurso de ideas para a rehabilitación dos edificios, que conta cun orzamento de máis de 78.000 euros e contempla tres premios. O primeiro, de 15.000 euros aos que se suma a redacción do proxecto básico e de execución; o segundo, de 7.000 euros e o terceiro, de 5.000 euros. O prazo de presentación é de 45 días a partir da publicación das bases e o primeiro clasificado contará con catro meses para concluír todo o traballo. A superficie total da actuación é de 760 m2.

O xurado, que elixirá a mellor proposta, estará formado responsables e técnicos municipais, aos que se sumarán un representante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dous arquitectos designados pola COAG, máis dun membro elixido a proposta dos concursantes.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement